Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta deporte

O BNG denuncia a falta de axudas da Xunta para instalacións deportivas municipais

O BNG denunciou que a Xunta de Galiza continúa sen convocar, por terceiro ano consecutivo, a liña de axudas para a mellora, rehabilitación e construción de instalacións deportivas municipais. O deputado Oscar Insua levou esta cuestión ao Parlamento galego e criticou que o Partido Popular votase en contra dunha iniciativa para recuperar estas axudas. Segundo denunciou, a Xunta substitúe unha convocatoria pública e regulada por convenios discrecionais, que acaban beneficiando sobre todo concellos gobernados polo PP.  Entre as instalacións citadas polo BNG figura o campo de Lombáns, que precisa reformas nos vestiarios. Insua lembrou que o auxe do fútbol feminino fai máis urxente adaptar unhas instalacións que en moitos casos quedaron obsoletas e non responden ás necesidades actuais dos clubs, das xogadoras e dos equipos. deporte municipal é tamén un servizo público. As instalacións deportivas son espazos de saúde, convivencia, actividade social e participación da mocidade. Por iso, ...

POS 2026: 501.088 euros entre o céspede de Lombáns e gasto corrente

No pleno do día 30 de xaneiro tratouse o POS 2026, Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña, cun importe total de 501.088,23 euros para o Concello de Carnota. Segundo a información publicada polo BNG de Carnota, o POS 2026 distribúese en dúas grandes partidas: a substitución do céspede do campo de fútbol de Lombáns, cun investimento de 234.166,79 euros , e unha partida de 266.921,44 euros destinada a gastos correntes. A distribución deixa máis da metade do POS destinada a gasto corrente, fronte a unha única obra concreta incluída no plan. O BNG vén advertindo da necesidade de que o Concello conte cunha planificación clara das obras, con prioridades definidas e con criterios de equilibrio territorial. O POS é unha das principais ferramentas de investimento municipal para concellos como Carnota. Por iso debe servir para atender necesidades reais, mellorar servizos públicos, actuar nas parroquias e resolver déficits pendentes. A veciñanza ten dereito a coñecer con claridade ...

O BNG solicita a mellora das instalacións deportivas municipais da Costa da Morte

O BNG da Costa da Morte, a través do deputado Oscar Insua, presentou iniciativas no Parlamento galego para urxir á Xunta a convocar a liña de axudas ás entidades locais destinada á construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora das instalacións deportivas de titularidade municipal. A formación nacionalista advirte de que moitas instalacións deportivas da comarca se atopan nun estado moi deficiente. O problema agrávase pola falta dun sistema de financiamento local actualizado, que leva máis de vinte anos sen reformarse, obrigando os concellos a depender doutras administracións para acometer investimentos. O BNG lembra que desde 2023 o goberno galego non volveu convocar estas axudas para mellorar instalacións municipais nin para adquirir material deportivo inventariábel. A organización sinala que este ano tivo que ser a Deputación da Coruña quen financiase obras como a renovación do complexo municipal de Cee, San Paio de Refoxos, ou o novo campo municipal de Vimianzo, Os Irma...

Concelleira popular pídelle o voto aos nenos durante saída a Riazor

O domingo 27 de xaneiro organizouse unha saída en autobús con nenos de educación primaria e secundaria de Carnota para asistir ao partido que disputaban no Estadio de Riazor o Deportivo da Coruña e o Real Valladolid. A persoa adulta asignada para acompañalos foi Mª Jesús (Chus) González Senande, concelleira do PP no municipio e veciña de Lira. Segundo coinciden diversas persoas que se puxeron en contacto co BNG de Carnota, nun momento da viaxe de ida produciuse un insólito altercado entre a edil e os cativos. A sra. Chus González, facend o uso do micrófono do autobús e tras identificarse como concelleira, dirixiuse aos rapaces para pedirlles directamente o voto para a súa formación ou ben para que lles dixeran aos seus pais "que vot aran a Rajoy". Logo dun intre de estupefacción dos asistentes, parte dos nenos comezaron a increpala por "ir darlles un mitin" e berraron proclamas contra o PP. Nese momento, a edil popular mesmo enleouse nunha vergonzosa rifa verbal cos...

A nosa costa é mariñeira e deportiva

As administracións competentes (Deputación da Coruña, Xunta de Galiza e Goberno do estado) veñen de destinar arredor de 240.000 € para creación e equipamento de bases náuticas en varios concellos da Costa da Morte, entre eles Carnota, dentro do Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte. A primeira medida consitiu xa na contratación de casetas para as respectivas bases náuticas, por valor aproximado de 40.000 €. Estas bases serán equipadas pola Deputación grazas a un investimento superior aos 200.000 € para a compra de equipos de buceo, táboas de windsurf, catamaráns, kaiaks e embarcacións semiríxidas que se comezarán a repartir nesta primeira quincena de setembro entre as novas bases náuticas dos concellos integrados no Plan de Dinamización, é dicir Carnota, Muros, Corcubión, Camariñas, Malpica, Ponteceso, Carballo e Laracha. Por outra parte, acabamos de saber que a Consellería de Pesca da Xunta de Galiza acaba de aprobar o proxecto "Desafío Portos Pesqueiros" deseñad...