Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2019

O Parlamento Galego pide por unanimidade o indulto de Manuel de Talelo

Unha representación de familiares e veciños estivo presente hoxe no debate Xa é unha realidade: o Parlamento Galego posicionouse unanimemente a favor do indulto a Manuel A. Martínez Lustres, tras un debate no que quedou claro que todas as forzas do arco parlamentario comparten unha mesma idea: Manuel non debe pasar nin un só día na cadea . A petición de indulto debatiuse esta mañá ao fío das 12:00 horas, debate seguido por unha representación de familiares e amizades de Manuel e tamén o candidato á alcaldía de Carnota, Milucho Louro. Tamén puido verse en internet desde a páxina do Parlamento. Agora só queda agardar ao que o goberno galego obre en consecuencia e transmita a petición coa máxima urxencia ao goberno do Estado, e a este que comunique xa o indulto a Manuel.

A loita polo indulto de Manuel de Talelo chega ao Parlamento Galego

A proposta do BNG mañá o Parlamento debatirá a partir das 12h a petición de indulto ao goberno, en presenza da familia e as amizades de Manuel Este martes 30 de abril, a partir das 12:00 horas, a Xunta de Portavoces do Parlamento Galego debata a petición de indulto de Manuel A. Martínez Lustres , veciño de Lira condeado á cadea a consecuencia dun enfrontamento con furtivos que faneaban ilegalmente na Reserva Mariña de Lira, debate ao que está convidada unha representación da familia e as amizades do noso veciño. En 2013 producise en Lira un enfrontamento entre un nutrido grupo grupo de furtivos que operan ilegalmente na bisbarra, e que acumulan un rosario de incidentes e denuncias polas súas actividades ilícitas e episodios de violencia, con integrantes do colectivo percebeiro, que acabou con parte dos mariscadores ilegais aporreando a altas horas a porta do fogar familiar de Manuel. Como non o lograron confrontar nese intre, voltaron días máis tarde a Lira para localizalo na súa...

O BNG duplica resultados en Carnota e Galiza mais é insuficiente para devolver a voz galega ao Congreso

A nosa mensaxe de campaña era clara: votar ao BNG para frear a extrema dereita de Vox (con quen todo apuntaba que se desputaba o último escano da Coruña) e devolver a voz do pobo galego a Madrid, ausente dos grandes debates desde que o BNG perdeu a súa representación, ao contrario das forzas nacionais bascas e catalás que si reivindicaron e obtiveron o seu espazo. Parte do pobo galego entendeu a mensaxe e optou por ter voz propia, e o BNG duplicou os seus votos polo que o obxectivo conseguiuse parcialmente, e o BNG impúxose a Vox deixándoos sen ningún escano en Galiza. Porén foi a dereita españolista de Ciudadanos quen se faría finalmente cos últimos escanos en xogo na Coruña e Pontevedra pola fragmentación do nacionalismo, que finalmente imposibilitou que o BNG obteña representación en Madrid, quedándose ás portas malia duplicar os votos obtidos no anterior proceso. O BNG duplica en Carnota En Carnota os resultados do nacionalismo foron positivos, pois recuperou un pulso nas Ele...

Presentamos a candidatura que aspira a converter a Milucho no novo alcalde de Carnota

O BNG presenta á veciñanza de Carnota unha candidatura renovada que aspira a refrendar a súa confianza maioritaria e converter a Milucho Louro no novo alcalde de Carnota, continuando co gran traballo de recuperación municipal iniciado por Moncho Noceda mais insuflándolle ao novo proxecto toda a súa experiencia, imaxinativa e bo facer. Candidatura do BNG de Carnota Candidatura Emilio Louro Lamela, “Milucho” Belén Campos Díaz Manolo Souto Barreiro Pilar Tubío Lariño Iván Franco Caamaño Susana Riveiro Siaba Nicola Lurie Mitchell Jorge Fiuza Barreiro Cecilia Caamaño García Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú" Ramón Noceda Caamaño Suplentes Marupe Armendáriz Villar Cándido Caamaño Lado, “Marcelino” Fátima Dosil Caamaño Marisa Agulleiro Malvarez Marcelino Saborido Lago, “Marcelo” Agustín Lamela Caamaño, “Curral” María Socorro González Otero María Manuela Núñez Garcia Iago Maceiras Dosil Cea-Presentación da candidatura Convidamos á veciñanza de Carnota a a...

Moncho Noceda, nº 11 do BNG de Carnota

Foto: La Voz de Galicia Pechando o tramo titular da candidatura do BNG de Carnota, no nº 11, concurre Ramón Noceda Caamaño , Moncho O Roxo, histórico militante nacionalista e alcalde durante un total de catro mandatos, quen agora decidiu poñer punto e final á súa traxectoria á fronte do goberno municipal, ao atoparse xa próximo á idade legal de xubilación. Pouco queda sen dicir aínda deste veciño de Lira, natural de Lariño, que o foi todo dentro e fóra do Concello. Operario de profesión, e moi querido entre veciñanza e camaradas pola súa humildade, sempre fixo gala dun inmenso compromiso por Galiza que o levou desde rapaz a militar no nacionalismo na clandestinidade, nuns tempos onde iso implicaba o enfrontamento directo coas autoridades policiais dun réxime franquista que se negaba a desaparecer. Moncho (2º pola der.) de sentada na Praza de Galiza en 1983 Moncho viviu de pleno aqueles convulsos e á vez ilusionantes anos nos que o nacionalismo saía da clandestinidade para c...

Jesús Caamaño, Chuchú, nº 10 do BNG de Carnota

Unha das novidades da nosa candidatura é a entrada na lista, por primeira vez, de Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú" , veciño de Portocubelo (Lira) e membro dunha familia moi querida da parroquia ao igual que o seu pai, de quen herdou o apodo polo que toda a veciñanza o coñece. Chuchú é ante todo un mariñeiro, que na actualidade presta os seus servizos na lancha de Salvamento Marítimo con base no porto da Coruña. Porén aproveita a máis mínima ocasión para voltar ao seu lugar, onde está a rehabilitar a casa que foi do seu avó na mesma beira do Océano Atlántico. Por todo o que representa este sector no noso Concello e como non podía ser doutro xeito, tamén no proxecto do BNG de Carnota, Chuchú incorporase nun posto simbólico da candidatura, lonxe dos postos de saída, pois os seus compromisos profesionais impídenlle facelo máis arriba. Porén, faino co entusiasmo e implicación de quen o fai nos postos de saída, convencido non só do positivo que o proxecto do BNG ten par...

Cecilia Caamaño, nº 9 do BNG de Carnota

Cecilia Caamaño García é a persoa que ocupará o 9º posto do novo equipo do BNG de Carnota liderado por Milucho Louro; é veciña de Mallou e traballa nun hipermercado. Xa é a segunda vez que Cecilia participa na nosa lista e malia ser independente asiste, sempre que pode, ás Asembleas locais do BNG, onde sempre mantén unha actitude moi positiva e constructiva. Ademais leva 4 anos realizando un bo traballo de transmisión das propostas e problemáticas do seu lugar e da súa asociación veciñal ao goberno municipal, o que permitiu resolver varios problemas detectados no lugar. Confiamos plenamente nela para seguir facendo ese traballo no futuro e representando tan ben como ata agora á súa veciñanza.

Jorge Fiuza, nº 8 do BNG de Carnota

No oitavo posto da lista do BNG de Carnota participará Jorge Fiuza Barreiro , veciño de Sofán (Lira) moi coñecido por traballar na gasolineira de Maceiras. Jorge formou parte do goberno local estes 4 anos, ocupándose das áreas de xustiza social e de promoción económica. Súa foi a iniciativa para a posta en marcha dunha das medidas que sen dúbida máis impacto público subscitou neste mandato: o Banco de Leña  co cal o Concello combate a pobreza enerxética da súa veciñanza facilitando leña gratuítamente cada inverno a aquelas familias de escasos recursos e ás persoas que polas súas condicións de idade e saúde non poden aprovisionarse polos seus medios. Despois de catro anos de intensa actividade política Jorge decidiu por motivos persoais dar un paso atrás na nosa candidatura, ata un posto que está lonxe de garantir unha praza na futura corporación. Porén no BNG de Carnota sabemos que o compromiso de Jorge seguirá sendo o mesmo fóra do goberno que dentro del, e que nos seguirá a...

Nicola Lurie, nº 7 do BNG de Carnota

Seguindo coas sorpresas, temos unha gran incorporación da que o BNG de Carnota está especialmente orgulloso por todo o que representa: no nº 7, preséntase Nicola Lurie Mitchell , veciña de Quilmas (O Pindo) que leva moi pouco tempo afincada no noso Concello, pois é natural de Poole, unha cidade costeira sita ao sur de Inglaterra. De feito é a primeira vez, que saibamos, que unha persoa non orixinaria de Galiza se presenta ás Eleccións Municipais en Carnota. A súa paixón por viaxar, ensinar e os deportes acuáticos (sobre todo o surf) levouna a coñecer Galiza, elixindo para afincarse coa súa familia o porto de Quilmas, onde atopou axiña o seu lugar. Neste breve pero intenso tempo Nicola puxo en marcha a fermosa iniciativa Sea Change Experience  que combina experiencia turística e inmersión lingüistica; é dicir, aprender inglés ao tempo que se coñece Carnota e Galiza. Tan rápida foi a súa integración en Quilmas e O Pindo que xa participa na asociación empresarial carnotá ACEP , e...

Susana Riveiro, nº 6 do BNG Carnota

Outra sorpresa dos postos máis altos da lista do BNG de Carnota é a incorporación no nº 6 de Susana Riveiro Siaba , veciña de Louredo (San Mamede), o que a levaría ao equipo de goberno no hipotético caso de repetirse a maioría absoluta lograda nas pasadas eleccións. Susana, traballadora de axuda a domicilio e moi querida no seu pobo, é a primeira independente da nosa lista, aínda que sempre foi afín ao BNG e de feito xa participara na candidatura anterior na 18ª posición. Estamos seguros de que Susana saberá representar e defender dignamente os intereses de toda a veciñanza de San Mamede a partir de maio.

Iván Franco, nº 5 do BNG Carnota

No 5º posto da lista do BNG asiste Iván Franco Caamaño , coñecido polas súas amizades coma "Percherón", que a pesar da súa curta idade xa é a terceira vez que participa na candidatura do BNG de Carnota, e sempre en postos que lle valeron acadar responsabilidades de goberno xunto a Moncho Noceda e, agardamos que a partir de maio, con Milucho Louro. Iván é desenvolvedor de software e pasou a súa infancia en Barakaldo, onde a súa nai e seu pai, de Carnota e Valdeorras, emigraran. Ali formouse e comezou a traballar, ata que despois da catástrofe do Prestige en 2002 comezou a botar tempadas en Carnota para botar unha man na limpeza do chapapote, como fixeron outros 190.000 voluntarios e voluntarias. Porén Iván levou o seu compromiso máis alá, e decidiu asentarse definitivamente na terra da súa nai, onde remataría retornando toda a súa familia, e onde Iván remataría formando a súa. O compromiso social que adquiriu durante os peores meses do chapapote levouno tamén a compromet...

Pili Tubío, nº 4 do BNG Carnota

Retomando a presentación da nosa candidatura, tras Milucho , Belén e Manolo , no posto nº 4 participará Pili Tubío Lariño, veciña de Lira desde hai moitísimos anos aínda que é natural de Corcubión. Pili traballa de funcionaria da Xustiza e malia ser a primeira vez que se presenta nunha candidatura en Carnota non é nin moito menos unha descoñecida no BNG, onde ten responsabilidades no seu Consello Local carnotán desde hai case unha década, nin tampouco entre a veciñanza, destacando pola súa implicación na activísima plataforma Nunca Máis Carnota , no movemento feminista e tamén no asociacionismo, principalmente a través da Asociación Cultural Canle de Lira , de cuxa directiva forma parte. Pola súa gran capacidade e demostrado compromiso co pobo e a causa Pili gañouse un merecido espazo na candidatura do BNG da nova etapa de Milucho Louro.

O éxito do encontro coa Carnota emigrada eleva a participación veciñal a 500 persoas

O BNG de Carnota xa está a redactar o que será o seu Programa de Goberno máis social e participativo, pois basearase enteiramente nas propostas recollidas durante unha intensa rolda de contactos veciñais e sociais nos que participaron preto de medio milleiro de persoas. Sen contar a presentación de Milucho en xaneiro, o BNG desenvolviu 13 Asembleas veciñais, desde a primeira, en Lariño, pasando por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido, O Pindo, e Mallou. Nestas Asembleas asistiron un total de 262 persoas que nos permitiron recoller 108 propostas e iniciativas, ás que temos que sumar outras 25 propostas contabilizadas en distintos encontros con axentes sociais e culturais do municipio, coa asociación empresarial carnotá ACEP , ou recibidas a través da nosa nova App . Éxito do encontro virtual coa 6ª parroquia, a da Carnota emigrada Porén, o grande éxito estaría por chegar onte mesmo, na Asemblea...

A solidariedade ateiga o Porto de Lira en defensa de Manuel de Talelo

Unhas mil cincocentas persoas chegadas de todos os puntos do Concello e da comarca ateigou está tarde a explanada do peirao de Portocubelo para expresar a súa solidariedade con Manuel Antonio Martínez Lustres e a súa familia e esixirlle ao goberno español o indulto para que o seu ingreso en prisión, que se prevé inminente, finalmente non chegue a producirse. Neste día o protagonismo foi enteiramente da familia, de quen exerciu a portavocía no acto Miguel de Lira, familiar do veciño condeado, e do sector, que estivo representado polos patróns maiores de confrarías de Lira, O Pindo, Camelle ou Ribeira, ademais dos actuais presidentes das Federacións galega e coruñesa. Todos eles recibiron o cariño e apoio dun pobo absolutamente volcado coa causa de Manuel que saiu masivamente á rúa a pesar do mal tempo. Desde o BNG de Carnota queremos trasladar novamente tanto a Manuel coma á súa familia, e poñernos á súa enteira disposición para o que precisen, como fixemos desde o primeiro mom...

[DIRECTO] Asemblea veciñal coa Carnota emigrada

Ségueo desde aqui ou desde a nosa páxina en Facebook onde poderás interactuar

O BNG solidarízase con Manuel de Talelo e traslada ao Parlamento de Galiza a petición de indulto

Vémonos na obriga de facer un necesario alto na carreira electoral para chamar a atención sobre a situación de Manuel Antonio Martínez Lustres, Manuel de Talelo, un veciño de Lira (Carnota) que se enfronta ao momento máis delicado da súa vida tras ser condeado a 3 anos de prisión tras un incidente cun furtivo da bisbarra. O grupo de furtivos implicado no altercado con Manuel acumula unha serie de conflitos e causas polo expolio dos recursos pesqueiros e marisqueiros da Costa da Morte e o Barbanza, e tamén por episodios de violencia derivados desta e doutras actividades ilícitas. A retirada do apoio da Xunta á vixilancia da Reserva obriga ao propio sector a ter que saír a defender os seus recursos Con este cartel denunciaba o BNG en 2011 que a Xunta retirara o apoio económico á vixilancia da reserva Despois da decisión da Xunta de retirar o financiamento do servizo de vixilancia da Reserva Mariña dos Miñarzos (Lira) , o furtivismo comezou a operar na área tras anos controla...

O BNG conclúe as Asembleas veciñais que servirán para elaborar o Programa

O domingo terá lugar un último encontro coa Carnota emigrada Desde a exitosa presentación de Milucho Louro en xaneiro , o BNG de Carnota está a toda máquina e leva a desenvolver desde hai pouco máis de 2 meses asembleas veciñais por todas as parroquias e lugares do noso Concello, con obxecto de explicar a acción de goberno desenvolvida durante estes 4 anos, recoller todas as propostas e ideas que formarán parte do noso Programa de Goberno 2019-2022, e por suposto presentar en sociedade ao noso flamante candidato á alcaldía Milucho Louro . Desde a primeira asemblea, celebrada o 2 de febreiro en Lariño, ata a última celebrada onte mesmo en Mallou, tiveron lugar nada menos que 13 reunións, pasando tamén por Lira, Carnota, San Mamede, Caldebarcos e Panchés, A Montaña, Louredo, Canedo, Quilmas e A Curra, Pedrafigueira, Cornido e O Pindo. A isto tamén temos que sumar a participación a través da nova app do BNG , os encontros mantidos con diversos axentes sociais e culturais do municipi...

Manolo Souto, nº 3 do BNG Carnota

Seguimos presentando a nosa lista: tras Milucho e Belén , a primeira gran sorpresa da nova candidatura do BNG de Carnota é a incorporación de Manuel Souto Barreiro no n° 3. Manolo Souto é veciño de Pedrafigueira e natural de Oseiro (Arteixo), aínda que é un carnotán universal pois ocupouse durante toda a súa vida da Educación de moitos de nós desde o seu posto de profesor de ensino primario no Colexio Público de Carnota ao que dedicou gran parte da súa vida, o que lle valeu ser moi coñecido e querido por sucesivas xeracións de alumnado e de nais e pais de todas as parroquias. Non é para menos; Manolo tamén destacou sempre polo seu compromiso social e cultural, colaborando co proxecto mardelira , logrando poñer en marcha a mítica revista infantil O Moucho no colexio ou o Proxecto Carnota , iniciativa pioneira do profesorado que traballou para poñer en valor os recursos naturais, culturais, etnográficos... do noso municipio durante décadas, cando ninguén máis o facía. Hoxe, xa ...

Belén Campos, nº 2 do BNG de Carnota

Xa case toda a veciñanza coñece ao noso novo candidato Milucho Louro , polo que agora é tempo de presentar o seu equipo. Comezamos coa nº 2, Belen Campos Diaz , veciña de Caldebarcos coñecida por todos e todas coma Belén da Cregha , facendo honra á súa familia e á súa casa, un dos locais de hostalería máis coñecidos do noso municipio. Activista veciñal, dedicou toda a súa vida ao mundo da cultura, dinamizando Carnota ben desde o tecido social ben desde o Concello, antes como traballadora e agora coma concelleira delegada das áreas de Cultura e Normalización Lingüística. Simpatizante nacionalista de sempre, Belén sumouse por primeira vez ao BNG de Carnota na candidatura municipal de 2007, e pouco despois fíxoo tamén coma militante. Pola súa inmensa capacidade política e compromiso elíxímola responsábel local, cargo orgánico que obstentou ata 2017, e baixo o que logramos non só recuperar a alcaldía senón conseguir o maior nivel de apoio para o nacionalismo carnotán en tres décadas....