Saltar ao contido principal

Presentamos a candidatura que aspira a converter a Milucho no novo alcalde de Carnota

O BNG presenta á veciñanza de Carnota unha candidatura renovada que aspira a refrendar a súa confianza maioritaria e converter a Milucho Louro no novo alcalde de Carnota, continuando co gran traballo de recuperación municipal iniciado por Moncho Noceda mais insuflándolle ao novo proxecto toda a súa experiencia, imaxinativa e bo facer.

Candidatura do BNG de Carnota

Candidatura

  1. Emilio Louro Lamela, “Milucho”
  2. Belén Campos Díaz
  3. Manolo Souto Barreiro
  4. Pilar Tubío Lariño
  5. Iván Franco Caamaño
  6. Susana Riveiro Siaba
  7. Nicola Lurie Mitchell
  8. Jorge Fiuza Barreiro
  9. Cecilia Caamaño García
  10. Jesús Manuel Caamaño Caamaño, "Chuchú"
  11. Ramón Noceda Caamaño

Suplentes

  1. Marupe Armendáriz Villar
  2. Cándido Caamaño Lado, “Marcelino”
  3. Fátima Dosil Caamaño
  4. Marisa Agulleiro Malvarez
  5. Marcelino Saborido Lago, “Marcelo”
  6. Agustín Lamela Caamaño, “Curral”
  7. María Socorro González Otero
  8. María Manuela Núñez Garcia
  9. Iago Maceiras Dosil

Cea-Presentación da candidatura

Convidamos á veciñanza de Carnota a acompañarnos na posta de longo do equipo de Milucho Louro. Será no Restaurante Doña Teresa de Lira, o vindeiro venres 3 de maio á partir das 22 horas. Para anotarte á cea (20€/persoa) podes chamar ao 625 382 644, ata cubrir aforo.
Acompañaranos no convivio a eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Algúns datos curiosos da candidatura

  • Proporcionalidade de homes e mulleres: 10 / 10 (50%)
  • Representatividade por parroquias: Lira (6), Lariño (4), Carnota (4), San Mamede (4) e O Pindo (2).
  • Persoas proporción de militantes e non militantes do BNG: 12 / 8
  • Persoas desta candidatura que non participaran na anterior: 7 de 20
  • Persoas que nunca participaran en candidaturas no noso concello: 5 de 20
  • 1ª candidata non nacional galega da historia de Carnota: Nicola Lurie Mitchell (Inglaterra)
  • Candidato máis mozo: Iago Maceiras Dosil (27 anos)
  • Candidato máis maior: Cándido Caamaño Lado, “Marcelino” (76 anos)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...