Saltar ao contido principal

Iván Franco, nº 5 do BNG Carnota

No 5º posto da lista do BNG asiste Iván Franco Caamaño, coñecido polas súas amizades coma "Percherón", que a pesar da súa curta idade xa é a terceira vez que participa na candidatura do BNG de Carnota, e sempre en postos que lle valeron acadar responsabilidades de goberno xunto a Moncho Noceda e, agardamos que a partir de maio, con Milucho Louro.

Iván é desenvolvedor de software e pasou a súa infancia en Barakaldo, onde a súa nai e seu pai, de Carnota e Valdeorras, emigraran. Ali formouse e comezou a traballar, ata que despois da catástrofe do Prestige en 2002 comezou a botar tempadas en Carnota para botar unha man na limpeza do chapapote, como fixeron outros 190.000 voluntarios e voluntarias. Porén Iván levou o seu compromiso máis alá, e decidiu asentarse definitivamente na terra da súa nai, onde remataría retornando toda a súa familia, e onde Iván remataría formando a súa.

O compromiso social que adquiriu durante os peores meses do chapapote levouno tamén a comprometerse co medio ambiente e o asociacionismo veciñal (participando en 2010 na fundación da Asociación Monte Pindo Parque Natural e pouco despois na ACDR O Patín de Carnota), e tamén un crecente interese polo devir político do seu municipio e da súa nación, que o levou primeiro a afiliarse a Galiza Nova, e a logo comprometerse en 2011 coa candidatura que impulsaba daquela Ramón Noceda e que aspiraba a lograr desbancar do goberno de Carnota a un PP que levara o Concello ao borde da insolvencia. Acadado ese obxectivo, xa no goberno Iván ocupouse das áreas de mocidade, cultura, turismo ou medio ambiente, asi coma da tenencia de alcaldía, en distintas etapas. Asi mesmo, no 2017 acepta a responsabilidade local do BNG de Carnota, máximo cargo orgánico do nacionalismo na localidade.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...