Retomando a presentación da nosa candidatura, tras Milucho, Belén e Manolo, no posto nº 4 participará Pili Tubío Lariño, veciña de Lira desde hai moitísimos anos aínda que é natural de Corcubión.Pili traballa de funcionaria da Xustiza e malia ser a primeira vez que se presenta nunha candidatura en Carnota non é nin moito menos unha descoñecida no BNG, onde ten responsabilidades no seu Consello Local carnotán desde hai case unha década, nin tampouco entre a veciñanza, destacando pola súa implicación na activísima plataforma Nunca Máis Carnota, no movemento feminista e tamén no asociacionismo, principalmente a través da Asociación Cultural Canle de Lira, de cuxa directiva forma parte.
Pola súa gran capacidade e demostrado compromiso co pobo e a causa Pili gañouse un merecido espazo na candidatura do BNG da nova etapa de Milucho Louro.
Comentarios
Publicar un comentario