Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2008

Xa son 5 os alcaldes do PP que se desmarcan do boicot popular ás Galescolas

Recentemente 8 alcaldes do PP (Antas do Ulla, Lousame, Vilamartín de Valdeorras, As Neves, Muíños, O Pino, O Rosal e Riós) participaran nunha rolda de prensa en que a cúpula do seu partido acusaba ao Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar de "chantaxe" e á Vicepresidencia, con Anxo Quintana á fronte, de "mafia siciliana". Poucos días despois, o propio Quintana remitiulles cadansúa misiva lamentando que se sentiran coaccionados á hora de asinar o convenio co Consorcio, dando por cancelado dito acordo e garantíndolles que os seus concellos voltarían de inmediato aos niveis actualizados de investimento en servizos sociais e educación infantil que os seus concellos percibían no ano 2005, co último goberno do Partido Popular. Pois ben, ao longo das semanas seguintes o vicepresidente foi recibindo sucesivas cartas de ata 5 deses alcaldes, que no desexo de continuar co convenio se foron desmarcando das graves acusacións formuladas polo seu propio partido, chegando ...

Financiamento autonómico e «solidariedade territorial»: mito e realidade

O debate sobre o sistema de financiamento autonómico é vital para entendermos o papel de Galiza no Estado español. Como nacionalistas, interésanos enormemente que se esclarezan os fluxos fiscais entre Galiza e o Estado. Non só non lle debemos ter medo ningún a esta cuestión, senón que a debemos suscitar abertamente. O nacionalismo tivo claro desde sempre –eis os traballos de Alexandre Bóveda durante a II República- que a fiscalidade era unha arma en mans do Estado para incrementar o noso grao de dependencia e furtar así toda posibilidade dun desenvolvimento autocentrado de ...

Pleno extraordinario... por chamarlle algo

Hai poucos días o alcalde tivo a ben convocar un Pleno Extraordinario para onte, 12 de maio, ás dúas menos cuarto da tarde . Unha vez máis, recorre a horarios intempestivos anulando a posibilidade da asistencia veciñal e practicamente tamén a dos membros da oposición. Isto non sería de demasiada importancia, de non ser pola insubstancialidade dun pleno que tan de contado se resolveu como se demostrou que non tiña tanto apuro. A orde do día compúxose do seguinte xeito: Ratificación dos Orzamentos aprobados anteriormente polo goberno . O alcalde comunica a renuncia á súa dedicación exclusiva. Moción do PP contra a nova Lei do Hábitat . De todos estes puntos, consideramos que o único que podería xustificar a convocatoria dun verdadeiro Pleno Extraordinario sería a ratificación dos Orzamentos para o ano 2008 . Se un día antes de anunciar na prensa a renuncia á súa dedicación exclusiva non considerou importante comunicarllo á oposición no Pleno ordinario que ese día tivo lugar,...

O galego é un dereito básico!

Somos galegos e o noso idioma propio e orixinal é o galego. Igual que calquera pobo do mundo, nós tamén temos o dereito inalienábel a que a nosa lingua sexa de uso normal en Galiza. Por razóns históricas, e mediante diferentes mecanismos de imposición, o castelán é un idioma introducido desde hai séculos na sociedade galega, mais non debemos esquecer que o galego é o idioma natural de Galiza e que non estaría nun proceso de retroceso e de perda de falantes se non fose pola situación de anormalidade, dependencia e subordinación a respecto do castelán que é o idioma do poder dominante. Por iso, non só é lexítimo, senón tamén necesario, que o pobo galego aspire a que a súa lingua volva a unha situación normal para ser usada por todos os galegos e galegas sen dificultades nin discriminacións, igual que calquera idioma normal do resto do mundo. Hoxe a situación dista moito diso. É xustamente o idioma propio e natural de Galiza, o galego, o que atopa serios atrancos para o seu uso en diferen...

O que están facendo co noso concello