Saltar ao contido principal

O que están facendo co noso concello

Comentarios

  1. Faime gracia a foto...pensei que era unha gasolinera nada máis mirar para ela, pero vexo que non ;)

    A parte de atrás do concello antes creo que lle chamaban "casa da xuventude" ou algo ó estilo,¿agora como lle chaman?

    A aula de idiomas e informática seguen alí ou Oreiro xa vendiu os ordenadores e o laboratorio de idiomas para subsanar a economía municipal? xD

    Ai...que ben nos está a todos! esto pásanos por confiar en quen non debemos ¿aprenderemos desta?

    ResponderEliminar
  2. Eu diría que a parte posterior agora é un almacén... alamcén de libros, almacén de ordenadores desmantelados, almacén de mesas e sillas, almacén de obras de arte sobre Carnota (que ao alcalde non lle gustan porque lle recordan a Manolo), incluso almacén de persoas "non-gratas" que á espera de esgotar os seus contratos. Ademais, todos sabemos que todo negocio ten o seu almacén, o Concello de Oreiro non ía ser menos.

    ResponderEliminar
  3. Nin máis nin menos.

    ResponderEliminar
  4. Non creedes que para evitar algúns males seria mellor unha maior participación das persoas e colectivos na elaboración dos orzamentos. Non e unha utopía algúns concellos xa o fixeron. Ademais de esta maneira acadaríase unha maior participación das persoas de a pe na vida publica.
    Botádelle un ollo a esto.

    http://www.presupuestosparticipativos.net/

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar
  6. Pero que di o burricán est@
    Outr@ mitómano Oreirista. Cando teñas algunha idea dila e discutímola. Unha regra básica para que empeces a pensar. A democracia ten que funcionar porque o sistema para aplicala ten que funcionar por encima das individualidades. Ao outro chámaselle dictadura.
    Non mestures o touciño ca velocidade.
    Aprende algo que eu non bou a vivir sempre.

    ResponderEliminar
  7. Informamos que en adiante eliminaremos todas as mensaxes cuxo único obxectivo sexa insultar a outros comentaristas deste blog sen facer ningún tipo de achega ao debate.
    Asi mesmo, lembramos que o BNG de Carnota non permite nas súas páxinas mensaxes descalificativas alusivas a calquera aspecto da vida estrictamente personal dos membros das diferentes opcións políticas do noso concello.
    Son benvidas as mensaxes de todos os usuarios que queiran achegar o seu punto de vista sobre os temas que se tratan nos diferentes artigos ou calquera outra temática de interese municipal.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...