O BNG da Costa da Morte , a través do deputado Oscar Insua, presentou iniciativas no Parlamento galego para reclamar ao Sergas que provea a praza de pediatría no centro de saúde de Carnota de forma urxente, cun profesional médico especialista, así como a restablecer o servizo de enfermería pediátrica. Desde hai case un ano, os pais e nais de Carnota veñen denunciando a falla do servizo médico de pediatría no municipio, sen que a día de hoxe se cubrira dita praza pola Consellaría de Sanidade do Partido Popular, que está compartida co concello de Muros e que acudía ao mesmo os luns, mércores e venres de 8:30h a 12:00 h. Oscar Insua e o vicerresponsábel local do BNG de Carnota, Primitivo Pedrosa, acompañados doutros membros da formación nacionalista no municipio, reuníronse este xoves 20 de marzo con familias de Carnota afectadas, que insistiron en que a situación, lonxe de solucionarse, agravouse ao coñecerse a semana pasada un novo recorte nos servizos sanitarios, pois veñen de que...