O BNG de Carnota denunciou o desmantelamento do servizo de pediatría no municipio e esixiu á Xunta de Galiza o seu restabelecemento inmediato.
A formación nacionalista sinala que as carencias neste servizo levan anos afectando as familias, obrigando nais e pais a desprazarse a outros concellos para recibir atención sanitaria pediátrica.
Para o BNG, esta situación supón un novo recorte dos servizos públicos no rural e agrava a vida diaria da veciñanza, especialmente das familias con crianzas. A sanidade pública debe garantir unha atención próxima, estábel e de calidade, tamén nos concellos rurais.
O BNG anunciou que apoiará todas as iniciativas encamiñadas a restaurar o servizo de pediatría no concello e que trasladará ao Parlamento galego as reclamacións necesarias para acadar este obxectivo.

Comentarios
Publicar un comentario