Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: agosto, 2019

Non ao peche das escolas unitarias de Portocubelo e O Viso!

A Xunta de Galiza vén de facer público o peche inmediato das escolas unitarias de Portocubelo (Lira) e O Viso (San Mamede) polo feito de non acadar neste curso un número determinado de alumnos. Esta decisión política, coa que xa levaban tempo ameazando, e de feito asi nolo viñan comentando nais e pais nos últimos meses, supón a consecuencia máis directa e cruda do austericidio perpetrado polo Partido Popular desde as institucións de goberno que controla e desde a Xunta que debera ser a máxima interesada en velar, precisamente, pola posta en marcha e mellora dunha rede de servizos sociais públicos, de proximidade e calidade no medio rural que atenda á nosa realidade poboacional dispersa. Con esta decisión da Xunta de Galiza, Carnota perde as escolas unitarias nos dous lugares máis habitados do noso municipio. Desde o BNG entendemos que a sociedade local, e a súa institución de goberno máis próxima, que é o Concello, non poden ficar impasíbeis ante esta agresión contra os intereses ...