Saltar ao contido principal

Non ao peche das escolas unitarias de Portocubelo e O Viso!


A Xunta de Galiza vén de facer público o peche inmediato das escolas unitarias de Portocubelo (Lira) e O Viso (San Mamede) polo feito de non acadar neste curso un número determinado de alumnos.

Esta decisión política, coa que xa levaban tempo ameazando, e de feito asi nolo viñan comentando nais e pais nos últimos meses, supón a consecuencia máis directa e cruda do austericidio perpetrado polo Partido Popular desde as institucións de goberno que controla e desde a Xunta que debera ser a máxima interesada en velar, precisamente, pola posta en marcha e mellora dunha rede de servizos sociais públicos, de proximidade e calidade no medio rural que atenda á nosa realidade poboacional dispersa.

Con esta decisión da Xunta de Galiza, Carnota perde as escolas unitarias nos dous lugares máis habitados do noso municipio. Desde o BNG entendemos que a sociedade local, e a súa institución de goberno máis próxima, que é o Concello, non poden ficar impasíbeis ante esta agresión contra os intereses da nosa veciñanza e contra o propio futuro do noso municipio.

Por isto o o BNG de Carnota presentou unha Moción no Concello instando ao goberno municipal a esixir á Xunta de Galicia que deixe sen efecto a súa decisión de pechar as Escolas Unitarias de Portocubelo e O Viso e, no caso de non atenderen esta demanda, fixar de man dos Consellos escolares e das Asociacións de Nais e Pais do noso municipio un calendario de mobilizacións en Carnota e, de ser necesario, ante a propia Xunta de Galicia, para reclamar dita medida.

Moción contra o peche das Escolas de Portocubelo e O Viso



Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón