Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta feminismo

Carnota saíu á rúa contra as violencias machistas

Carnota volveu demostrar este 25 de novembro que a loita contra as violencias machistas tamén se constrúe desde os pobos, desde a organización social e desde o compromiso colectivo. A mobilización impulsada por Sonlilá, co apoio do grupo de Acción Feminista do BNG do BNG, puxo voz a unha realidade que non pode ser silenciada: a violencia machista continúa condicionando a vida de milleiros de mulleres e crianzas, tamén na Galiza, tamén nos concellos pequenos, tamén nos espazos onde ás veces se pretende agochar baixo o silencio ou a falsa normalidade. Desde o BNG de Carnota queremos recoñecer o traballo das mulleres organizadas, do movemento feminista e de todas as persoas que participaron nesta xornada de denuncia e reivindicación e que abandeiran esta loita todo o ano. A resposta fronte á violencia machista non pode limitarse a declaracións institucionais un día ao ano: precisa recursos públicos, educación en igualdade, prevención, protección efectiva e unha implicación real de todas a...

Nace Sonlilá para artellar o movemento feminista en Carnota

A nova entidade actívase cunha concentración, este mércores, en repulsa polo triple feminicidio de Valga Xa había un tempo que un grupo de mulleres traballaban para artellar o feminismo en Carnota, pero os acontecementos tráxicos vividos hoxe en Valga obrigounas a acelerar a posta en marcha do Colectivo de Mulleres Feministas Sonlilá , inscrita desde xa na Marcha Mundial das Mulleres , que busca combater desde o feminismo toda forma de discriminación e maltrato machista. A entidade está constituída en Carnota mais ten vocación de acoller cos brazos abertos ás mulleres dos municipios da contorna, convocou xa as súas dúas primeiras mobilizacións. A primeira mobilización será en repulsa polo triple feminicidio de Valg. Sonlilá convoca unha concentración este mércores 18 ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra). Carnota convértese asi por primeira vez nunha das localidades que secunda a iniciativa da Marcha Mundial das Mulleres, consistente en autoconvocar simul...

A muller merece desenvolver a súa vida nun entorno libre de violencia e discriminacións

Acción en Carnota en defensa do dereito a decidir das mulleres sobre o seu corpo Unha das maiores transformacións vividas no Concello de Carnota nos últimos anos foi o aumento significativo da sensibilización sobre as problemáticas específicas que sofren as mulleres, e moi nomeadamente no sentido das discriminacións e das violencias machistas, que motivaron medidas e políticas específicas. O goberno local do BNG de Carnota asumiu con absoluta convicción que un executivo municipal non pode permanecer impasíbel ante esta lacra ou percibila coma algo estrutural ou alleo, agardando tan só a saír a lamentarse ante o seguinte caso mediático de violencia machista; o goberno debe ser totalmente consciente da gravísima problemática que segue a suporlle ás mulleres o machismo aínda inherente en parte da nosa sociedade, e ten que ser proactivo tanto na diagnose coma na prevención e corrección de situacións de posíbel discriminación contra as mulleres. Por iso o goberno de Carnota, a tra...

Pecha a última cooperativa téxtil de Carnota deixando na rúa 25 veciñas

O goberno municipal solidarízase coas vítimas dun peche motivado polo dumping de INDITEX, e apoiará a continuidade da iniciativa O drama do desmantelamento do sector da confección téxtil galega cóbrase unha nova vítima no noso territorio: a cooperativa de Lamas de Castelo acaba de pechar as súas portas deixando na rúa as súas 5 socias e 20 empregadas. Esta era xa a última iniciativa destas características que seguía operando no noso Concello, polo que se consuma o desmantelamento total dun sector que empregou durante anos a ducias de mulleres e que agora en boa parte se ven excluídas do mundo do traballo. O peche obedece ao cambio de criterios de INDITEX, empresa para a que subministraban a forza do seu traballo, en canto á diminución do prezo que o xigante téxtil lles aboa por cada prenda confeccionada. A merma é tal que pode considerarse un auténtico dumping , tan grave e repentino que literalmente as socias da cooperativa tiveron que tomar a decisión de pechar a porta por non...

Renóvase Galiza Nova na Costa da Morte

O ceense Pablo Álvarez e a camariñá Noela Rial liderarán a organización xuvenil na nosa comarca Pablo Álvarez e Noela Rial, novos dirixentes de Galiza Nova A mocidade do BNG, organizada en Galiza Nova , conta desde esta semana con novos referentes na nosa comarca. Ocupará a responsabilidade comarcal Pablo Álvarez , veciño de Cee de 21 anos, estudante de Ciencias Políticas e grande artífice e referente na loita pola recuperación ao patrimonio público do Castelo do Príncipe da Ameixenda. Acompañaranos coma vicerresponsábel a moza camariñá Noela Rial e Tomás Facal , veciño de Zas, nas tarefas de organización. “Afrontamos esta nova etapa con moitísima ilusión e co obxetivo de facer chegar as nosas ideas e inquedanzas a mocidade de toda a Costa da Morte, e por suposto tentando atraer a todas as mozas e mozos que pensan como nós e que aínda non se atreveron a dar o paso de achegarse, mais sen dúbida tamén a todo aquel que estea desposto a pelexar por un futuro na nosa te...

Carnota reivindica o dereito da muller a decidir libremente sobre o seu corpo

Polo dereito das mulleres a decidir Desde esta semana, igual que noutros concellos de Galiza gobernados polo BNG, nas inmediacións da Casa do Concello de Carnota pendura unha faixa en defensa do dereito das mulleres a decidir e por un aborto libre e gratuito, contra o criterio que tratan de impoñer determinados sectores ultradereitistas co apoio do actual partido no goberno da Xunta e do estado, o Partido Popular. O BNG de Carnota denuncia asi a reforma involucionista da lei do aborto do PP impulsada por Gallardón, e reitera a convicción inquebrantábel dos nacionalistas carnotáns de que son as mulleres e só as mulleres quen poden e teñen que decidir sobre a súa maternidade, e a exercitar ou non a opción do aborto libre, gratuíto e en condicións de seguridade sanitaria; xusto o contrario do que promulga a filosofía que representa esta reforma do PP que lexisla contra as mulleres e nos coloca, en termos de seguridade sanitaria, peor mesmo que fai trinta anos e adoptando o camiño con...