A nova entidade actívase cunha concentración, este mércores, en repulsa polo triple feminicidio de Valga Xa había un tempo que un grupo de mulleres traballaban para artellar o feminismo en Carnota, pero os acontecementos tráxicos vividos hoxe en Valga obrigounas a acelerar a posta en marcha do Colectivo de Mulleres Feministas Sonlilá , inscrita desde xa na Marcha Mundial das Mulleres , que busca combater desde o feminismo toda forma de discriminación e maltrato machista. A entidade está constituída en Carnota mais ten vocación de acoller cos brazos abertos ás mulleres dos municipios da contorna, convocou xa as súas dúas primeiras mobilizacións. A primeira mobilización será en repulsa polo triple feminicidio de Valg. Sonlilá convoca unha concentración este mércores 18 ás 20:00 horas na Praza de Abaixo de Carnota (a da Pedra). Carnota convértese asi por primeira vez nunha das localidades que secunda a iniciativa da Marcha Mundial das Mulleres, consistente en autoconvocar simul...