O fiscal apreza “indicios racionais de criminalidade” nas actuacións da deputada Marisol Piñeiro e o ex-alcalde José Oreiro e a xuíza eleva o caso ao TSXG
Poderían ser inhabilitados por saltarse a lei ao contratar a dedo unha traballadora por cuxo despido piden a dimisión do actual alcalde Marisol Piñeiro. Fonte: La Voz de Galicia Os antigos alcalde e tenente de alcalde de Carnota polo PP, José Oreiro e Marisol Piñeiro, sentaranse ante o máximo tribunal de Galiza logo de o fiscal solicitara elevar ao TSXG a denuncia presentada polo actual alcalde de Carnota ante o Xulgado de Muros, por tratarse actualmente dunha deputada aforada. O fiscal aprezou “indicios racionais de criminalidade suficientes para xustificar unha imputación contra Dª Marisol Piñeiro ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia” ao contratar a dedo unha asesora do alcalde pouco despois de conseguir o PP o goberno de Carnota no 2007. Curiosamente a agora deputada do PP, daquela tenente de alcalde, foi implicada polo propio denunciado José Oreiro, por ser ela quen asinou o contrato fraudulento, a pesar de que Marisol tentou desvincularse dunha decisión “que ela n...