Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Camiño do Litoral: propaganda baleira e turismo político

O BNG de Carnota considera que o chamado Camiño do Litoral que veu anunciarse con pompa e boato a Carnota -coa participación entusiasta do alcalde- só é un exercicio de cinismo e turismo político, nunha nova operación propagandística baleira da Xunta. A propia Xunta admitiu que a maior parte do trazado discorre por camiños consolidados, zonas urbanas ou infraestruturas xa existentes. É dicir, non estamos diante dun proxecto novo, senón dun simple rebranding institucional dos camiños das parroquias, os accesos ao mar, as sendas tradicionais e os espazos que a veciñanza e os concellos levamos décadas mantendo, usando e defendendo a custa dos fondos propios. O BNG considera positivo calquera proxecto que axude a coñecer e valorizar o litoral, mais lembra que os seus camiños precisan de investimentos reais en mantemento, limpeza, seguridade, accesibilidade e protección ambiental, non anuncios baleiros lanzados de costas á súa poboación e entidades locais. O noso litoral non é un decorado ...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

O PP volve rexeitar no Parlamento a supresión da peaxe da AG-55

O Partido Popular volveu rexeitar no Parlamento galego a supresión da peaxe da AG-55, malia que a eliminación desta peaxe foi reclamada en diferentes concellos afectados. Segundo a información publicada por Que Pasa na Costa, en Carnota, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Ponteceso, Fisterra e A Laracha o PP apoiou mocións municipais para eliminar as peaxes. Porén, no Parlamento galego o Partido Popular segue rexeitando as iniciativas para poñer fin a este custo para a veciñanza. O deputado do BNG Oscar Insua denunciou esta contradición e lamentou que o PP “nin quere falar das peaxes da autovía AG-55 nin quere eliminalas”. Tamén lembrou que o mesmo partido reclama a gratuidade da AP-9 mentres se nega a eliminar as peaxes da AG-55. Insua sinalou que a Xunta rescatou en outubro de 2024 catro autoestradas galegas, mais deixou fóra a AG-55, unha vía esencial para Bergantiños e a Costa da Morte, cunha poboación afectada que supera as 100.000 persoas. Para o BNG, manter esta pe...