No pleno municipal do día 2 de agosto de 2024, o goberno local levou a aprobación dos orzamentos municipais de 2024, que saíron adiante só cos votos do PSOE. O BNG votou en contra pola falta de diálogo do goberno municipal e despois de seren rexeitadas as alegacións presentadas polo noso grupo. Uns orzamentos municipais deben ser unha ferramenta útil para planificar o funcionamento do Concello, atender as necesidades reais da veciñanza e marcar prioridades claras. Mais, neste caso, o BNG considera que as contas aprobadas non responden á realidade económica e social de Carnota. Os orzamentos non reflicten a realidade do Concello. En particular, os ingresos previstos non se corresponden cos ingresos reais municipais, o que pode afectar á capacidade de execución e á fiabilidade das contas. Para o BNG, aprobar uns orzamentos sen unha previsión realista dos ingresos é un problema serio de planificación e de responsabilidade política. A falta de diálogo tamén marcou a tramitación. As aleg...