Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

Resumo do acto de presentación de Milucho Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota

Para que a nosa veciñanza que está fóra tamén poida coñecer o noso novo proxecto para Carnota, colgamos un video-resumo duns 13 minutos do acto de presentación do noso novo candidato á alcaldía do Concello de Carnota. Podedes ver as intervencións nesta orde: 0:00: Moncho Noceda , alcalde de Carnota 3:53: Ana Pontón , portavoz nacional do BNG 7:08: Milucho Louro , novo candidato do BNG á alcaldía de Carnota Axiña colgaremos as intervencións completas.

A veciñanza arroupa a Milucho Louro no inicio da súa andaina cara a alcaldía de Carnota

O salón de actos do Concello ateigouse esta fin de semana para acoller a posta en escea da nova aposta do BNG de Carnota para renovar a confianza da veciñanza e asi aspirar a revalidar a alcaldía: Emilio Louro Lamela, Milucho, un vello coñecido de todo o pobo de Carnota pola súa intensa vida profesional e social, dedicada ao mar e ao tecido veciñal. O acto iniciouse coa intervención do alcalde de Carnota, Ramón Noceda , na antesala dunha xubilación que porá o broche a unha exitosa carreira política na que acadou a alcaldía de Carnota ata en catro ocasións, de feito todas as veces que se presentou. A veciñanza agradeciu a súa traxectoria cun extensisimo aplauso que emocionou profundamente a Moncho e tamén ao seu equipo. O aínda alcalde de Carnota pasou a repasar o enorme esforzo para recuperar un Concello que recolleron en 2011 completamente arruinado, coas contas intervidas e con risco grave de interrupción dos servizos básicos, penosa realidade que en só 8 anos traduciu nun escen...

O BNG rexeita a celebración dunha matanza de raposo en Carnota

O BNG de Carnota tivo coñecemento por canles extraoficiais das intencións de organizar un "campionato" consistente na matanza indiscriminada de raposos nos montes do noso Concello o vindeiro sábado 26 de xaneiro. Desde este medio queremos aclarar que a actividade non conta coa autorización do Concello de Carnota, e no caso de que esta sexa solicitada será rexeitada, pois o executivo local, conformado integramente por membros do BNG, rexeita calquera forma de crueldade contra os animais e moito máis este tipo de eventos que baixo o disfraz de actividade deportiva veñen a promover a matanza indiscriminada de animais. O evento que pretendería organizarse nin sequera ten que ver coa caza tradicional, pois o raposo carece de interese cinexético; tanto é asi que en eventos similares os exemplares abatidos van directamente para o contedor de lixo. Por outra parte no BNG de Carnota non nos consta que exista informe técnico ou científico algún que ilustre algún problema coa poboa...

Presentamos ao noso candidato Milucho Louro

Comprácenos convidarte a acompañarnos na presentación de Emilio Louro como candidato do BNG á alcaldía de Carnota. Será o vindeiro sábado 26 de xaneiro ás 20:00 horas no Salón de Actos do Concello.  Tamén participarán no acto Moncho Noceda e a nosa portavoz nacional Ana Pontón.  Ao remate ofreceremos uns pinchos no Comba. Agardamos contar contigo!