Saltar ao contido principal

Xa son 5 os alcaldes do PP que se desmarcan do boicot popular ás Galescolas

Recentemente 8 alcaldes do PP (Antas do Ulla, Lousame, Vilamartín de Valdeorras, As Neves, Muíños, O Pino, O Rosal e Riós) participaran nunha rolda de prensa en que a cúpula do seu partido acusaba ao Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar de "chantaxe" e á Vicepresidencia, con Anxo Quintana á fronte, de "mafia siciliana". Poucos días despois, o propio Quintana remitiulles cadansúa misiva lamentando que se sentiran coaccionados á hora de asinar o convenio co Consorcio, dando por cancelado dito acordo e garantíndolles que os seus concellos voltarían de inmediato aos niveis actualizados de investimento en servizos sociais e educación infantil que os seus concellos percibían no ano 2005, co último goberno do Partido Popular.

Pois ben, ao longo das semanas seguintes o vicepresidente foi recibindo sucesivas cartas de ata 5 deses alcaldes, que no desexo de continuar co convenio se foron desmarcando das graves acusacións formuladas polo seu propio partido, chegando algúns deles a louvar a xenerosidade de Vicepresidencia á hora de investir nos seus municipios e mesmo a recoñecer que recibiron fortes presións internas do seu partido para criticar o modelo de servizos sociais desenvolvido por Vicepresidencia.

Na seguinte entrevista co diario La Región, o rexedor popular de Vilamartín de Valdeorras trata o asunto:



Só tres de estes alcaldes, entre eles o de Lousame, parecen xa seguir coa actitude de negarse a colaborar cos proxectos de Vicepresidencia.

Desde o BNG de Carnota preguntámonos se esta clara estratexia de boicot ás Galescolas que os propios alcaldes do PP recoñecen terá algo que ver co que acaba de pasar no noso muicipio.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...