Saltar ao contido principal

Revista A Moa nº 32 - Verán de 2010

Edición nº 32 correspondente ao verán de 2010 deste Voceiro local do BNG de Carnota.

Sumario:
  • Carnota é o concello de Galiza máis gravemente afectado polo Plan de Ordenación do Litoral*
  • En breve abrirase o prazo para que os veciños poidan alegar*
  • A Corporación municipal aproba unha iniciativa do BNG para mellorar Correos
  • O BNG rexeita os orzamentos locais porque son insolidarios e non resolven os problemas de Carnota
  • O BNG propón que a corporación carnotá se una para pedir a retirada do abusivo «canon da auga»
  • Fracasa a xestión do Plan E en Carnota, que se converte xa no terceiro concello máis endebedado da provincia
  • O goberno de Carnota endebedado pola súa política represora dos traballadores e traballadoras
  • Un Estatuto de Nación para unha Galiza de Primeira
*Actualización: A raíz dos cambios de última hora no Plan de Ordenación do Litoral, decidimos incluír unha separata cos seguintes artigos:
  • O PP recúa ante a presión veciñal e modifica o Plan de Ordenación do Litoral
  • Nuria Pampín, nova responsábel local de Galiza Nova







Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón