Saltar ao contido principal

Cambio no grupo municipal do BNG de Carnota: graciñas Iván, e benvida Soco

O pasado 2 de outubro presentou a súa renuncia como concelleiro do BNG o noso compañeiro Iván Franco Caamaño por motivos laborais e persoais que lle impiden realizar as tarefas relacionadas co cargo político que desempeñaba.

Iván foi concelleiro e tenente de alcalde co goberno do BNG 2011-2019 onde realizou un traballo impecable e desinteresado sempre pensando no mellor para a veciñanza de Carnota. Traballo que continuou realizando na oposición desde o ano 2023.

Dende o BNG de Carnota agradecemos a súa lealdade ca veciñanza de Carnota e co proxecto político do BNG de Carnota, seguindo o seu traballo como militante do BNG que é e seguirá sendo sempre a súa casa.

A renuncia de Iván da entrada como concelleira a nosa compañeira Socorro González, incorporándose ao grupo municipal do BNG xunto con Moncho Noceda (portavoz municipal) e Belén Campos (concelleira).

Graciñas Iván polo teu compromiso e noraboa a Socorro pola súa entrada no grupo municipal!


Comentarios