Saltar ao contido principal

A presión do BNG no Parlamento evitou que o PP eliminara o complemento ás pensións non contributivas

O complemento de máis de 200 euros instaurado polo anterior goberno da Xunta, cando o BNG ostentaba a responsabilidade dos Servizos Sociais e o Benestar, fora calificado polo señor Feijóo, na súa etapa de xefe da oposición, de “cicateiro”, e o seu partido mesmo introducira unha emenda para elevar a súa contía a 570 euros. Pois ben, unha vez no goberno, non só non cumpriron coa esixencia que lle formularan ao anterior goberno da Xunta, senón que tentaron suprimir o complemento na súa totalidade. Esta medida xustificábase por dirixirse -segundo o PP- a "optimizar a atención aos pensionistas".

Non casualmente, foi o nacionalismo galego coa súa xestión quen introduciu este complemento na pasada lexislatura logo de dar -e gañar- unha dura batalla ideolóxica contra aqueles que xa daquela quixeran dinamitar a proposta alegando a súa suposta inconstitucionalidade. Pois ben, xa con Feijóo no poder, de novo tivo que ser grazas á presión exercida polo BNG que o PP se viu obrigado a recuar en última instancia ante o clamor social que se lle estaba vindo enriba; só así decidiron manter o complemento, despois dun dantesco festival de contradicións de Feijóo na prensa.

Volve a quedar claro que a única medida social que comprende o PP de Feijóo é a de recurtar os servizos públicos para favorecer aos catro empresarios de toda a vida. E tamén que mentres o BNG siga ocupando a primeira liña no Parlamento de Galiza, vanse topar coa nosa actuación cada vez que alguén tente vender á empresa privada o sistema de servizos públicos do que tantos anos nos custou dotarnos a todos os galegos e galegas.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...