Saltar ao contido principal

Organizando a carretaxe

Unha vez máis, e pese á ameaza da presencia de máis de cincocentas cámaras vixiando o entorno de colexios electorais da Galiza rural onde o PP adoita a facer gala das máis rastreiras artimañas para "roubar os votos".
Na ligazón de abaixo atoparedes unha serie de comentarios publicados polos que aínda non deben comprender as reglas do xogo democrático que son unhas Eleccións. O primeiro mensaxe incluso fai as recomendacións oportunas para levar a cabo a "carretaxe" dunha forma "disimulada", sacándose da manga incluso que "vamos a intentar dejar a las personas que llevaremos a votar a más de doscientos metros del colegio electoral (en ese caso no es delito)", cousa que por certo é falsa.

Hola
me he enterado que el 19-J habrá doscientas cámaras gravando colegios electorales, sobre todo en el interior de las provincias de Lugo y de Ourense.
A nosotros ya nos dieron órdenes de que tengamos mucho cuidado y creo que vamos a intentar dejar a las personas que llevaremos a votar a más de doscientos metros del colegio electoral (en ese caso no es delito) y que usemos varios coches para disimular.
El taxista del pueblo se turnará con el del pueblo vecino para llevar a la gente, hay que dejarse la piel, pero con mucho cuidado porque igual alguno acaba en Comisaría.


Foro do PP onde se atopan todas esas mensaxes animando á carretaxe.
"Instrucións" entre militantes do PP para que a carretaxe sexa disimulada.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón