Saltar ao contido principal

O pleno de Carnota decide este venres se o Concello será acusación particular nas imputacións do ex-goberno

José Oreiro e Marisol Piñeiro están imputados por prevaricar na contratación cando gobernaban Carnota

A Corporación do Concello de Carnota decidirá en Pleno este venres 10 de abril ás 20:00h, se a entidade municipal será acusación particular no proceso que o TSXG instrúe contra os máximos responsábeis do anterior goberno de Carnota do Partido Popular, o ex-alcalde José Oreiro, a ex-tenente de alcalde e actual deputada autonómica polo PP Marisol Piñeiro, xunto co secretario municipal Carlos Bousoño, todos eles imputados desde o 2013 por suposta prevaricación na contratación durante a anterior lexislatura, unhas actuacións polas que a fiscalía xa aprezaba hai un ano "indicios racionais de criminalidade". Debemos lembrar que se ben a denuncia se dirixía inicialmente só contra o ex-alcalde -e suposto novo candidato- do PP José Oreiro, foi el mesmo quen culpou dos feitos á súa nº 2 Marisol Piñeiro, que rematou imputada ante o TSXG por ser deputada e por tanto aforada.

Este acordo debe ser legalmente adoptado polo Pleno, ao que non poderán asistir os imputados -que manteñen a súa acta de concelleiros do PP- por seren parte directamente interesada no resultado da votación. Porén cremos que pola trascendencia do punto único da Orde do Día é necesario un chamamento á participación veciñal, que teñen dereito a estar informados dos asuntos que ocupan a vida diaria dos seus representantes políticos, e máis, coma é o caso, cando o que se están esclarecendo son supostos feitos delictivos (contratacións sen igualdade, concurso nin publicidade) que perxudicaron non só ao erario público senón ao conxunto da veciñanza.

O Bloque Nacionalista Galego xa adianta o voto favorable do seu Grupo Municipal para que o Concello de Carnota poida defender directamente e sen intermediarios os intereses da súa veciñanza, e para que o Tribunal Superior chegue ata o final á hora de esclarecer actuacións presuntamente ilegais que poderían acarrear a inhabilitación dos imputados. Porén queda por saber que posición adoptarán PP e PSOE.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón