Saltar ao contido principal

A mocidade organiza o primeiro debate electoral en Carnota


O Consello Municipal da Infancia e da Adolescencia, organismo de participación xuvenil posto en marcha durante esta lexislatura para darlle voz e capacidade de decisión ao maior tesouro que ten Carnota, que é a mocidade, dou boa mostra do seu dinamismo ao organizar o pasado martes o I Foro de debate da Infancia e da Adolescencia.

Unha das actividades deste foro foi un debate cos novos candidatos á alcaldía de Carnota, para coñecelos e plantexarlles propostas e preguntas xurdidas durante o obradoiro celebrado con anterioridade. Só Milucho Louro, o novo candidato do BNG, atendeu o convite, mentras que PP e PSOE mandaron aos segundos da súa lista.

En canto ao contido do debate, Milucho salientou as oportunidades que para a mocidade brinda o Proxecto Carnota Amiga da Infancia e o I Plan Municipal de Infancia e de Adolescencia (2018 – 2021), que prevé non só o estabelecemento dun conxunto de mecanismos dinamizadores para unha participación xuvenil real e activa, e tamén que esta sexa decisiva permitindo incluso que a mocidade de Carnota poida designar unha pequena partida orzamentaria ás súas necesidades.

Neste eido, a mocidade asistente evidenciou o acerto que supón tela en conta, pois as súas inquedanzas son absolutamente sensatas, en materias como a práctica de diversos deportes (e non só o fútbol), ou a carencia de instalacións cubertas en varios lugares do municipio.

O foro rematou coa instalación da placa que acredita o recén obtido recoñecemento de Carnota coma Cidade amiga da infancia por Unicef.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...