Saltar ao contido principal

O BNG denuncia o ataque ao fogar de Milucho Louro na noite electoral

O BNG de Carnota condena un incidente que empaña definitivamente o proceso electoral

Pouco antes da media noite, ao pouco de chegar ao seu fogar familiar en Lariño, a familia do noso candidato á alcaldía, Emilio Louro, unha vez finalizada a xornada electoral, percibiu rebumbio e movementos estranos nas proximidades do seu domicilio, que alertaron aos cans do entorno. Nese intre unha ou varias persoas rociaron a casa de Milucho con algún produto químico que desprendía un intensísimo cheiro desagradábel, e logrando dalgún xeito infiltralo tamén na vivenda, de maneira que aos poucos minutos era practicamente imposíbel permanecer no seu interior polo cheiro insoportábel que se prolongaría durante varias horas. Foi o aínda alcalde Moncho Noceda quen alertou á Policía Local, que se achegou de inmediato á zona, redactou un informe e chamou á súa vez á Garda Civil, que xa está a investigar o incidente asi coma se os seus autores lograran acceder dalgún xeito ao interior da propiedade.

Informe da Policía Local sobre o ataque
Os problemas comezaran xa no Colexio Electoral de Lira, ao remate do reconto. Un grupo de exaltados afíns ao PSOE comezaron a rebentar petardos potentísimos nas inmediacións do propio Colexio Electoral, detonando varios deles practicamente na porta do Colexio, desde onde o candidato socialista e os seus acólitos seguiran o reconto, berrando e burlándose mentras a Mesa trataba de rematar de cubrir as actas electorais. Finalmente, tras o peche do Colexio estas persoas abandonaron a zona, mais o peor aínda estaría por chegar en Lariño.

O BNG de Carnota condena rotundamente o hostigamento sufrido polo noso candidato no seu propio fogar, que afecta non só a Milucho senón a súa familia e veciñanza que viron perturbada a seguridade do seu propio lugar e domicilios. Este capítulo empaña defintivamente o proceso electoral e pon o colofón a unha campaña orquestrada de acoso e derribo contra o noso candidato desde hai varios meses, co único obxectivo de minar a súa reputación política e persoal con mentiras e falsidades, destruílo moralmente e provocar o seu fracaso electoral, e todo co máximo ensañamento e ningún respecto polos máis elementais límites da cortesía política que se pode agardar nunha democracia madura.

Expresamos a nosa solidariedade con Milucho, a súa familia e veciñanza, que están moi afectadas por este lamentábel episodio. Ninguén ten por que aturar ningún tipo de violencia contra a súa persoa polo único feito de participar na vida política dun Concello, e moitísimo menos a súa familia nin os seus fillos. Por último agradecemos as inxentes mostras de apoio da veciñanza que estamos a recibir tanto o BNG coma o propio Milucho. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...