A seguinte proposta ⭐ estrela do noso Programa tras O Pindo, Lariño e Carnota será en Lira.
Trátase dun proxecto innovador que vimos madurando desde aproximadamente 2016: o Viveiro de Empresas de Carnota é unha instalación municipal de carácter público que se radicará en Lira e que permitirá ao Concello ofrecer nunhas condicións moi vantaxosas un espazo a aquela xente emprendedora que teña unha idea para poñer en marcha un negocio no noso Concello, ou queira redimensionar a iniciativa que xa teña creada.
Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender.
Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou cooperativos no noso municipio contribúan a acrecentar o dinamismo que xa está xerando o tecido empresarial carnotán desde a recente posta en marcha da ACEP, e a crear postos de traballo e fixar poboación, aliviando o problema de despoboamento que Carnota, como o resto do rural da Costa da Morte e Galiza, están a acusar.
![]() |
| O Viveiro de Empresas multiplicará as oportunidades para emprender en Carnota (Imaxe: Edita Cambeiro) |
Pero o Viveiro non só suporá un local totalmente equipado e conectado, cos principais servizos comúns mancomunados; tamén conlevará o apoio e o asesoramento empresarial e financieiro ás persoas que aposten por Carnota e polo rural galego á hora de emprender.
Agardamos que coas grandes facilidades para a posta en marcha de novos proxectos empresariais ou cooperativos no noso municipio contribúan a acrecentar o dinamismo que xa está xerando o tecido empresarial carnotán desde a recente posta en marcha da ACEP, e a crear postos de traballo e fixar poboación, aliviando o problema de despoboamento que Carnota, como o resto do rural da Costa da Morte e Galiza, están a acusar.

Comentarios
Publicar un comentario