| |
| Inmediatamente activouse un espectacular dispositivo que, nalgúns momentos, chegou a ter mobilizados no lugar catro helicópteros, dous hidroavións, nove motobombas, ata dez cuadrillas de extinción e varios axentes forestais. Tan intenso dispositivo non foi suficiente para evitar a calcinación de ao redor de catrocentas hectáreas da área situada entre os montes de Mallou e Lira, das que boa parte eran zonas arboradas e mesmo zonas afectadas por inxentes plantacións de especies autóctonas que tamén se viron arrasadas. O pasado mércores día 18, cando xa se daba o incendio por controlado, produciuse unha reactivación que colleu por sorpresa aos medios de extinción e aos veciños de Mallou e que achegou as lapas a poucos metros das casas, se ben foi detido pola decidida actuación veciñal coa afortunada axuda dun cambio do vento. O incendio foi finalmente controlado polo dispositivo de urxencia activado polo Concello. Poucas horas máis tarde o vicepresidente da Xunta Anxo Quintana, acompañado polo Conselleiro do Medio Rural Suárez Canal, persoáronse na zona para comprobar a gravidade dos efectos deste sobrecolledor incendio, que durante varios días mantivo a boa parte de Galiza en vilo. Que podemos dicir, alén de manifestar a nosa indignación e rabia contida ante este novo acto de terrorismo forestal. Facemos nosas as palabras de Anxo Quintana, e declaramos a guerra aos pirómanos. Tamén Suárez Canal lembrou a necesidade dunha incondicional colaboración de todos os estamentos sociais contra os delincuentes que ano tras ano nos golpean no máis fondo dos nosos corazóns. A colaboración cidadá é imprescindíbel para poñer freo a esta barbarie. Polo noso futuro e o das xeracións vindeiras. |
Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...
Comentarios
Publicar un comentario