O BNG quixo que a Costa da Morte estivera no seu calendario de actos nacionais, polo que se achegará ao Concello de Carnota mañá martes 12 de maio ás 19:30h no Salón de Actos da Casa do Concello.
O acto estará presentado pola nº 3 da candidatura do BNG de Carnota Belén Campos, e contará coas intervencións de Begoña Pérez (que cos seus 19 aniños é a candidata máis moza da historia de Carnota), Cecilia Caamaño (nº 9 da candidatura), Iván Franco (nº 2 da candidatura), Xabier Vence (portavoz nacional do BNG) e finalmente Moncho Noceda, o noso candidato á alcaldía de Carnota.
O acto estaba convocado xusto cando a campaña acaba de dar un tombo ao coñecerse a imposición de cadansúa fianza de 10 mil euros aos dous candidatos do PP en Carnota José Oreiro e Marisol Piñeiro (concelleiros os dous e deputada autonómica do PP esta última), no proceso que o TSXG ten aberto contra eles por supostos delitos de prevaricación cando gobernaban Carnota, e sen que polo momento teñamos constancia da súa dimisión aos cargos públicos nin renuncia a continuar candidatados.

Comentarios
Publicar un comentario