Saltar ao contido principal

Últimos días para solicitar o voto por correo

Se estás censada/o no Concello de Carnota pero por calquera circunstancia cres que non vas poder achegarte a votar ao teu colexio electoral o 24 de maio, tes ata o xoves 14 de maio para solicitar o voto por correo.
Vai a calquera oficina de correos co teu Documento de Identidade e cobre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. Antes do 17 de maio deberás ter recibido no enderezo que solicitaches toda a documentación para poder votar:
  • Certificado de inscrición
  • Papeletas das candidaturas que se presentan en Carnota
  • Sobre electoral
  • Enderezo da mesa onde che corresponde votar
  • Folla explicativa do proceso
Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, péchao ben e logo méteo noutro sobre diferente co enderezo da túa mesa electoral xunto co certificado de inscrición no censo.
Tes como data límite ata o 20 de maio podes enviala por correo certificado e urxente.

Aclaracións

  • Unha vez completado o proceso de voto por correo, xa non será posíbel votar personalmente na túa mesa electoral o 24 de maio.
  • Para que a túa papeleta sexa válida, deberás ter dereito a sufraxio activo o propio día da votación. Calquera circunstancia que che limite o dereito a voto o 24 de maio invalidará a túa participación, aínda que si o tiveses no momento de exercer o voto por correo.
  • As persoas impedidas para acudir a votar ou facelo por correo poderán facelo mediante un certificado médico oficial no que se constate o motivo, e un poder notarial no que se designe unha persoa representante. Ambos documentos son de balde. A persoa representante pode solicitar o voto por correo dunha soa persoa impedida, e debe ser esta quen reciba a documentación no seu domicilio. A partir deste momento, a persoa representante continuará co procedemento do xeito normal.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón