Saltar ao contido principal

A fiscalía impón cadansúa fianza de 10 mil euros aos candidatos do PP de Carnota, que sentarán ante o TSXG

O proceso xudicial que o TSXG instrúe contra José Oreiro e Marisol Piñeiro por prevaricación da un novo revés ao Partido Popular ao impoñer a Fiscalía sendas fianzas de 10.000 euros aos seus candidatos carnotáns José Oreiro (nº 1) e Marisol Piñeiro (nº 3), aos que imputaron ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) por supostos delitos de prevaricación na contratación cometidos cando eran alcalde e tenente de alcalde, respectivamente, do Concello de Carnota. Asi mesmo ao secretario interventor municipal Carlos Bousoño imponlle tamén fianza, neste caso de 6.000 euros.

O durísimo escrito do Ministerio Fiscal entende que existen delitos suficientes para procesar a José Oreiro, Marisol Piñeiro e Carlos Bousoño. No caso dos membros da candidatura do PP de Carnota, entende que incurriron nunha contratación "sen ningún tipo de formalidade nin axuste á legalidade" na que ambos participaron tanto na decisión inicial como nas sucesivas prórrogas e modificacións de contrato, o que constitúe un delito de prevariación tipificado no artigo 404 do Código Penal.. No caso do secretario, a fiscalía considérao cooperador necesario por ser o que asesorou aos outros dous na comisión do delito.

O TSXG chama a Oreiro a declarar e admite a acción popular do BNG logo de que PP e PSOE de Carnota vetaran a acción do Concello

O máximo órgano xudicial galego dictou providencia o 5 de maio ordenando á Garda Civil citar a declarar a José Oreiro ante o TSXG o vindeiro martes 19 de maio ás 10:00h. No mesmo escrito o xulgado admite que o Bloque Nacionalista Galego exerza a acusación popular, logo de que PP e PSOE sumaran os seus votos no pleno do pasado 10 de abril para impedir que o Concello de Carnota puidera exercer a defensa dos intereses da veciñanza.

O BNG de Carnota entende que ante a gravidade da situación José Oreiro e Marisol Piñeiro xa non están lexitimados para ocupar ningún cargo público polo que o PP debe aclarar se vai esixir a dimisión dos seus cargos no Concello de Carnota (os dous son concelleiros) e no Parlamento Galego (Marisol Piñeiro é actualmente deputada) asi coma que confirmen se van a continuar ou non sendo candidatos en Carnota estando encausados xudicialmente con acusacións en firme e fianza. No caso contrario, todo cando levan predicando sobre o suposto compromiso do PP contra a corrupción demostrarase un engano masivo á cidadanía.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón