Galiza Nova organiza o sábado 18 de setembro, ás 18:00 horas no Colexio Público do Pindo, unha charla informativa aberta co título Monte Pindo, parque natural! á que traerán aos propios artífices da iniciativa para explicar en que consiste, e que a veciñanza poida formularlle as súas dúbidas.No acto, presentado pola flamante responsábel local de Galiza Nova, Nuria Pampín, intervirán o responsábel comarcal de Galiza Nova da Costa da Morte, Mario Maceiras, o relator da iniciativa pola declaración do Monte Pindo como Parque Natural, Martiño-Fiz López, e o secretario executivo de ADEGA, Fins Eirexas (non se descarta que se sumen á palestra outros expertos).
Convidamos a toda a veciñanza (e tamén asociacións de todo tipo) a asistir, pois este acto servirá de presentación oficial da iniciativa no noso concello, e ademais nunha localización tan apropiada como é esta, aos pes do mesmísimo Monte Pindo.
Esta actividade está encadrada na campaña en apoio da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, e que xa repartiu de máis de 200 carteles polo concello (e mesmo fóra del e aos Centros Galegos na emigración). Outras actividades divulgativas e reivindicativas xa están sendo perfiladas, e delas iremos informando.
parece interesante, ali estarei
ResponderEliminar