Quin mostrouse onte convencido de que "a candidatura mellor valorada pola cidadanía é a do BNG", no curso dunha breve entrevista con Iñaki Gabilondo, que podes escoitar na web da Ser. O líder do BNG afirmou que o que queren os galegos é ter un presidente "que fale de ti a ti ao presidente do Goberno español" e que "non faga como Fraga, que se agacha detrás do telón"."Fraga o que debería facer é permitir o debate e o intercambio de ideas, debería aceptar a proposta de debate que veño facendo. Non o fai, non a acepta, porque non está en condicións de gobernar", argumentou Quintana.
O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%
Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...