A planta de tratamento de residuos é unha infraestrutura fundamental para a xestión do lixo dos concellos integrados na Mancomunidade. O seu correcto funcionamento afecta directamente ao servizo que recibe a veciñanza, á protección ambiental e á capacidade pública para xestionar os residuos de maneira eficaz.
Desde o BNG consideramos necesario que o Concello de Carnota manteña unha posición activa no seguimento da situación da planta, esixindo información clara sobre o estado das instalacións, os problemas existentes e as medidas previstas para garantir un funcionamento adecuado.
A xestión do lixo é un servizo público esencial. Non pode quedar fóra do control democrático nin tratarse como unha cuestión secundaria. A veciñanza ten dereito a saber como se xestionan os residuos, en que condicións se atopan as instalacións e que actuacións se van adoptar para mellorar o servizo.
A aprobación unánime desta moción demostra a importancia do asunto e a necesidade de que o Concello actúe con responsabilidade, transparencia e defensa do interese público.

Comentarios
Publicar un comentario