Saltar ao contido principal

Moción para reclamar o remate da AG-55 e a eliminación das peaxes

O Concello de Carnota foi un dos sete concellos da Costa da Morte nos que se aprobaron mocións presentadas polo BNG para reclamar á Xunta de Galiza que remate a Autovía da Costa da Morte, AG-55, e elimine as peaxes.

As mocións foron aprobadas en Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía, e reclaman que a Xunta continúe coa execución da ampliación da autovía da Costa da Morte.

A proposta demanda licitar xa o tramo Salto-Berdoias da AG-55 e executalo conforme o proxecto inicial, con dous carrís para cada sentido. Tamén reclama incorporar nos orzamentos da Xunta para 2025 a contía suficiente para executar os tramos Berdoias-Cee, Cee-Porto de Brens e a conexión da autovía co polígono de Vimianzo.

A moción inclúe tamén unha reivindicación central para a veciñanza da Costa da Morte: a supresión de todas as peaxes para que a autovía sexa gratuíta en todos os seus tramos.

O deputado do BNG Oscar Insua denunciou que “o PP segue enganando á veciñanza da Costa da Morte, porque nas eleccións prometeron que a farían e neste ano non executan o orzamento que tiñan previsto, o mesmo que ocorreu nos últimos seis anos”.

Pola súa banda, o responsábel comarcal do BNG, Xurxo Rodríguez, afirmou que “o PP segue a ningunear á comarca e a mantela como un escaparate turístico, deixando de lado o noso desenvolvemento económico e social”. Rodríguez sinalou que a ampliación da AG-55 “é algo vital para as empresas, para ser competitivos e para fixar poboación, xa que somos a rexión de Galiza que máis habitantes perde”, e engadiu que tamén é fundamental a eliminación das peaxes.

Para o BNG de Carnota, esta é unha reivindicación comarcal de primeira orde. A mobilidade condiciona o acceso ao traballo, aos estudos, aos servizos sanitarios e á actividade económica. A Costa da Morte non pode seguir acumulando atrasos, promesas incumpridas e discriminación territorial.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón