Saltar ao contido principal

Moción pola gratuidade da AG-55

No pleno do Concello de Carnota do día 8 de maio de 2026 foi aprobada por unanimidade a moción presentada polo BNG para esixir ao goberno da Xunta de Galiza a gratuidade da autovía AG-55.

A iniciativa reclama que a AG-55 deixe de estar sometida a peaxe e pase a ser unha vía gratuíta para a veciñanza. Trátase dunha demanda de gran importancia para Carnota e para o conxunto da Costa da Morte, xa que esta autovía é unha infraestrutura básica para os desprazamentos por motivos laborais, sanitarios, educativos, administrativos e familiares.

Desde o BNG defendemos que non é xusto que a veciñanza da comarca teña que seguir pagando por unha vía esencial para a súa mobilidade diaria. A peaxe da AG-55 supón unha carga económica engadida para milleiros de persoas e constitúe unha discriminación territorial que afecta directamente á Costa da Morte.

A aprobación unánime desta moción no pleno de Carnota expresa unha posición clara da corporación municipal: a gratuidade da AG-55 é unha reivindicación lexítima e necesaria, e a Xunta de Galiza debe atendela.

O BNG de Carnota seguirá defendendo esta demanda en todas as institucións e apoiando as iniciativas encamiñadas a conseguir unha mobilidade máis xusta para a nosa comarca.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón