Saltar ao contido principal

O BNG pide o reforzo de servizos médicos e novas especialidades no hospital público da Costa da Morte

O BNG reclamou á Xunta de Galiza o reforzo de varios servizos médicos e a creación de novas especialidades no Hospital Público Comarcal Virxe da Xunqueira, en Cee.

O deputado Oscar Insua presentou iniciativas no Parlamento galego para demandar máis medios nun hospital que atende a veciñanza da Costa da Morte e que continúa sen contar con servizos suficientes para garantir unha atención en igualdade de condicións co resto de Galiza.

Entre as medidas reclamadas polo BNG está a creación dunha nova praza de psiquiatría para reducir as listas de agarda e mellorar a atención ás persoas usuarias. Tamén se demanda a recuperación do servizo de hospitalización a domicilio, HADO, dotándoo do persoal necesario para que funcionen as dúas unidades existentes hai un ano.

O BNG reclama ademais un verdadeiro servizo de cardioloxía, coas prazas necesarias para que funcione as 24 horas do día e os 365 días do ano; unha quenda máis de diálise; e a ampliación do servizo de REA, sala de reanimación, á quenda da noite.

A organización nacionalista tamén considera imprescindíbel incorporar novas especialidades como neuroloxía, logopedia e terapia ocupacional. Segundo o BNG, só se pode acceder actualmente a algunhas destas prestacións desde o sector privado, polo que é necesario ofrecelas desde a sanidade pública.

Oscar Insua resumiu a demanda cunha idea clara: ampliar servizos é ampliar dereitos. A Costa da Morte precisa un hospital de primeira, non un centro limitado por falta de persoal, especialidades e vontade política.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón