Saltar ao contido principal

Condean a 2 anos de cadea ao militante do PSOE que agrediu brutalmente ao alcalde Moncho Noceda

O agresor presentou un recurso asinado polo mesmo avogado que defendeu aos furtivos que se enfrontaron con Manuel de Talelo

O mozo que en 2017 agrediu brutalmente ao alcalde de Carnota Ramón Noceda acaba de ser condeado a 2 anos de cadea, a aboar as costas xudiciais e a aboarlle a Moncho un total de 9.310€ polos danos ocasionados, dos que precisou de case un mes para curarse.

O ataque sucedeu nun coñecido local de hostalería de Mar de Lira na madrugada do 15 de agosto de 2017. Moncho atopábase sentado na terraza do local xunto con varios veciños cando D.G.B., coñecido militante do PSOE e secretario das Xuventudes Socialistas de Carnota, pegoulle un puñetazo a traizón no lado esquerdo da cara que tumbou a súa cadeira para atrás, golpeándose tamén fortemente a cabeza coa caída; esta agresión provocoulle unha "contusión no ollo esquerdo e zona parieto occipital dereita", que fixo necesaria a intervención das urxencias sanitarias e 29 días de tratamento para se recuperar das feridas.

A sentenza, absolutamente contundente e demoledora á hora de sinalar a culpabilidade inequívoca do agresor, non apreza ningunha outra motivación detrás do ataque que a política, pois á condición de membro do PSOE do agresor, súmase que este viña de cesar na empresa que xestionaba as escolas deportivas municipais, do que culpaba ao alcalde. Esta circunstancia motivou unha discusión sobre a xestión das escolas deportivas que sería o único detonante dun brutal ataque a Moncho Noceda que motivou a súa decisión de non volver a presentarse á reelección como alcalde de Carnota.

A sentenza desmonta unha noxenta campaña difamatoria para culpabilizar a Moncho do ataque e presentar ao seu agresor coma vítima

O BNG de Carnota decidiu non facer pública ata agora ningunha valoración sobre o acontecido, máis aló da lóxica condea inicial, por petición do propio Moncho Noceda, por respecto á presunción de inocencia do agora xa condeado e logo, unha vez coñecida a sentenza, para non salpicar ou emporcar a campaña electoral, que o BNG decidiu desenvolver en positivo e centrada exclusivamente nos nosos proxectos para Carnota.

Porén, outras forzas si aproveitaron (ao igual que fixeron con Milucho) o río revolto para emporcar a campaña electoral e rendibilizar a sentenza politicamente, presentando ao agresor coma vítima e culpabilizando, en resumidas contas, ao alcalde da agresión que recibiu e tamén acusándoo de "buscar a ruína" do seu agresor ou incluso de recorrer a sentenza para conseguir o seu ingreso en cadea. Isto é absolutamente falso por partida doble:

Primeiro, de todas as acusacións inxustas vertidas contra Moncho, todas se demostran falsas na propia sentenza, que é absolutamente contundente á hora de sinalar a culpabilidade total e inequívoca do agresor, as súas motivacións exclusivamente politicas, e ao descartar outros factores coma a suposta "embriaguez" do noso compañeiro, excusa inventada polo agresor para xustificar a súa conduta violenta e danar a imaxe do alcalde. Polo contrario, segundo os médicos Moncho presentaba "bo estado xeral", estaba perfectamente consciente e orientado, e o seu relato era totalmente coherente e compatíbel coas lesións que presentaba, o que non pasa coas inverosímiles e cambiantes versións do condeado.

En segundo lugar, e en contra do que se leva asegurando falsamente durante semanas por parte de determinadas persoas, Moncho nunca recurriu a sentenza xudicial, que lle pareceu totalmente proporcionada, nin moito menos tratou de lograr o seu ingreso en prisión; ao contrario, Moncho estivo ata o mesmo día do xuízo esperando algún xesto de arrepentimento ou desculpa por parte do agresor ou da súa familia, e aberto sempre a un acordo que evitara chegar a xuízo e permitira reducir a correspondente pena; pero nunca se produciu ningún achegamento. Pola contra, foi o propio agresor o que recurriu agora a sentenza, mediante un recurso asinado polo mesmo avogado que defendeu aos furtivos que se enfrontaron con Manuel Martínez Lustres, Manuel de Talelo.

Dous anos de silencio cómplice do PSOE de Carnota

Por último, temos que lamentar que en dous anos -e nin sequera ante a sentenza- o PSOE de Carnota non condeou nunca a agresión, nin transmitiu a súa solidariedade a Moncho Noceda nin expulsou ou sequera suspendiu de militancia ao seu agresor.

Só o BNG condeou o ataque; o PSOE nin o condeou nin expulsou ao agresor

Comentarios

  1. A honorabilidade do Sr. Noceda é indiscutíbel, o respecto pola súa forma de proceder como alcalde de Carnota no tempo da súa xestión como tal non deixa lugar a dubida no canto de que o PSOE ten á indiscutible obriga de suspender inmediatamente de militancia ao agresor convicto.
    Unha aperta a D. Ramón e a toda a familia del tanto á persoal como á do BNG carnotán.

    ResponderEliminar
  2. Falase moito do que pasou esa noite, pero creo que non se pode atribuir a causas políticas algo que creo recordar, sucedeu sobre as 4-5 da maña nun local q teria que estar pechado nesas horas.
    Ninguen se pregunta que fai un alcalde Alí? Dar exemplo no?.
    Non Xustifico a violencia, pero con este panorama e normal q a xente perda a confianza nas persoas. Gracias

    ResponderEliminar
  3. Si xustificas a violencia, anónimo: o problema non é que un chaval do PSOE meta unha ostia ao alcalde do BNG con 63 anos, o problema é que facía o alcalde alí tomando algo como unha persoa normal en vez de estar encerrado na casa para que non lle peguen. Que vergoña!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...