Saltar ao contido principal

A web do BNG consolídase como referente internacional sobre Carnota

Desde que puxemos este espazo a andar arredor do ano 2005, as cifras de visitantes a esta web non deixan de sorprendernos. O que foi en principio unha páxina concebida para dar a coñecer dun xeito áxil os posicionamentos políticos do BNG aos veciños, e tamén a recoller as súas inquedanzas, agora sérvelle a miles de persoas de todo o mundo para poder manter -aínda que sexa de xeito virtual- un pe no noso concello e saber o que pasa nel.

Só no primeiro semestre deste ano, algo máis de 2.300 persoas accederon a esta páxina. Esa é, probabelmente, unha cifra moi superior a todos os habitantes de Carnota con acceso á "rede de redes". Pero é que ademais, estas visitas prodúcense ao longo e ancho do globo terráqueo. Asi, se ben as visitas proceden amplamente de Carnota e das sete grandes cidades galegas, moitas visitas veñen de lugares tan dispares como España, Catalunya, Euskadi, Canarias, Reino Unido (cunha sorprendente profusión de visitas irlandesas) e outros destinos europeos tradicionais da emigración carnotá: Suiza, Alemaña ou Francia.

Mais os aficionados á actualidade de Carnota non rematan nas fronteiras comunitarias: En lugares como Estados Unidos (sobre todo en Nova York e Nova Jersey, onde se concentran numerosísimos carnotáns emigrados), Canadá, Mexico, Arxentina, Uruguay, Venezuela ou mesmo Colombia, Chile, Perú e Brasil, moitos amigos visítannos con regularidade. En menor medida, pero tamén sorprendentes, son as visitas desde lugares tan exóticos como Rusia, Tailandia, Xapón, Malasia, Australia, India, Nova Zelanda, Arabia ou China... en total 52 países de todos os continentes.

A todos eles vai dedicada esta entrada, pois léveos onde os leve a vida, demostran que seguen tendo un sitio no seu corazón para o seu municipio, cuxas fronteiras chegan aló onde un carnotán se viu obrigado a emigrar para buscar o seu futuro.

Coa forza que nos dan os que están aquí e dos que desgrazadamente xa non poden estar, o BNG vai seguir traballando para transformar Carnota nun sitio do que poidan volver a sentirse orgullosos, e tamén, quen sabe, un sitio ao que poder retornar algún día.

Porque vós tamén sodes de aquí, e merecédelo, grazas.

Comentarios

  1. Non me estrana nadiña, a verdade e que oestades currando os catro anos e non un mes antes das Eleccions como fan outros. Saludos e sorte

    ResponderEliminar
  2. increible:
    www.concellodecarnota.com
    6540 results
    www.bng-carnota.org
    6250 results

    por pouco superades a web do concello!
    eso é o que se chama traballo ben feito.

    ResponderEliminar
  3. onde se pode ver eso?

    ResponderEliminar
  4. eu mireino aqui : http://www.googlefight.com
    (pos nunha casilla a web do concello e na outra a web do bng e daslle o boton azul)

    parece ser que os veciños interesalle bastante mais catro verdades que conta o bng que as visitas o luar e outras titiritadas varias do señor Alcalde!!!

    ResponderEliminar
  5. Pois tiñas razón, xuroche que pensei que o inventaras xD é que non é normal!
    Pois ojalá a xente teña en conta quen se preocupa por eles durante 4 anos e non as fábulas do Mariscal Nonarrasca, a marquesa e vaicovento.....

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón