Saltar ao contido principal

Pronunciamento do BNG de Carnota a respeito das ampliacións solicitadas pola empresa Stolt Sea Farm

Comunicado dos compañeiros do BNG no equipo de goberno, a instancias do alcalde Manolo García:
Ante as solicitudes cidadás de toma de posición ao BNG de Carnota e en particular aos nosos compañeiros no goberno no concello de Carnota no referente á posíbel ampliación das piscifactorías, queremos manifestar:
  • O concello de Carnota atópase nunha preocupante situación de despoboamento por mor da escasa xeración de postos de emprego, o que da lugar a un fenómeno migratorio masivo, especialmente no sector poboacional xuvenil.
  • Os membros nacionalistas na corporación municipal posiciónanse inequívocamente a favor da ampliación das plantas acuícolas localizadas no noso Concello, tal e como foi proposto pola xerencia da empresa Stolt Sea Farm S.A. radicada en Lira, co firme convencemento de que a xeración dos postos de traballo necesarios amortiguará a alarmante tendencia ao déficit poboacional do municipio.
  • O BNG de Carnota e os seus representantes na corporación municipal velarán porque as ditas ampliacións sexan efectuadas dentro da legalidade proporcionada polos acordos aprobados nos órgaos nacionais competentes.
  • O BNG apoiou abertamente a nivel nacional as ditas ampliacións, e particularmente mediante as figuras de Carlos Aymerich (portavoz do BNG no Parlamento de Galiza), Bieito Lobeira (Portavoz de pesca) e Pablo González Mariñas, que xa presentaron diversas iniciativas no Parlamento galego para facilitar e axilizar a tramitación dos expedientes.
  • Nin o BNG de Carnota nin o propio Concello teñen competencia algunha na aprobación da ampliación das factorías acuícolas (asunto unicamente concernente á Consellería de Pesca da Xunta de Galiza).
  • Nin o BNG de Carnota nin o Concello teñen competencia algunha para influir nos prezos ou na fórmula de adquisición das parcelas afectadas polas posíbeis ampliacións (asunto unicamente concernente á Consellería de Política Territorial da Xunta de Galiza). Os veciños deben saber que de existir diferencias neste punto, o órgao mediador competente ao que deben acudir é o Tribunal de Xustiprezo.
Pola nosa parte, consideramos o tema zanxado, á espera da pertinente resolución da Xunta de Galiza ao respecto.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón