Saltar ao contido principal

Ponse en marcha o Centro de Día de Pedramarrada


A Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar ven de poñer en marcha o Centro de Día de Pedramarrada, que pasa a formar parte do Sistema Galego de Benestar xunto con outros trece en toda Galiza.

Este centro, cuxa inscrición de prazas xa está aberta, acollerá a arredor de 40 persoas maiores do noso municipio que disporán dunha atención centrada en todas as súas necesidades grazas aos servizos de xerocultura, enfermaría, intervención social, intervención sociocultural e fisioterapia dos que dispón o centro.

En palabras do vicepresidente Anxo Quintana, esta infraestrutura é “o resultado dun compromiso, dunha idea de país e dun esforzo de xestión na implantación do Sistema Galego do Benestar” ademais dun "compromiso coas persoas maiores e coas súas familias, xa que “son centros pensados para ofrecer unha atención terapéutica integral, que fomenten a autonomía dos maiores e garanta a súa permanencia no seu contorno de referencia, un recurso de proximidade e de calidade que busca retrasar o máis posible as situacións de dependencia"

Está prevista apertura de 20 centros máis só neste ano, e chegar aos 55 ao final desta lexislatura. Esta actuación “a gran escala”, sinalou, “permite mellorar a atención ás persoas maiores, facilitar a fixación de poboación, incrementar rendas e fortalecer os servizos sociais profesionalizados, contribuíndo á creación de emprego estable e de calidade”.

O BNG de Carnota só pode sentir ledicia e satisfacción ante a nova da apertura do centro, resultado dun longo proceso que non sería posíbel sen a eficiente labor xestora da anterior corporación e do compromiso da Vicepresidencia, a pesar das continuas ameazas do novo goberno municipal.

Comentarios

  1. ¨É increible, parece ser que a obra maestra do bloque é o centro de dia de Pedramarrada.¡Impresionante!, un local que non cojen nin os traballadores do centro(por suposto postos a dedo e con carné do BNG)( preguntarlle a o voso sindicato? un lugar donde apelotonan aos nosos avos, un sitio que por capacidade non e recomendable nin para os animais.Cuadrilla de incompetentes,vos esmerais mais en colocar vacas nos montes veciñais que dotar de infraestruturas comodas aos nosos vellos.Impresentables,xente sen escrupulos,basofia humana.

    ResponderEliminar
  2. E onde se fala de obra mestra? Fálase dun centro de día que vai acoller determinado número de persoas, oxalá puideran ser máis, muitas máis, pero desde logo 40 persoas maiores atendidas son bastantes máis das que se atendían cando o BNG chegou ao goberno, CERO.
    Postos a dedo con carné do BNG? Home, podíaselle preguntar se eso é certo aos do PP, que foron os que estaban na mesa de contratación do personal.
    Pero desde logo, é digno de comparar o modelo de Galescolas e Centros de Día do BNG co modelo de IDCs do PP, aí si que non houbo enchufes nin nada, eh? ;-)

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón