Saltar ao contido principal

Carnota perde a única bandeira azul "que tiña"

Só un ano despois de que o BNG de Carnota dera conseguido unha bandeira azul da que as praias do noso concello levaban tempo privadas, o novo goberno municipal xa perdeu este coñecido recoñecemento europeo á calidade dos areeiros.

Galiza cedeu este ano o distintivo en 18 das súas praias, pese ao cal segue a ser un líder europeo en número de bandeiras azuis ondeando cada verán. Porén a situación en Carnota tórnase, unha vez máis, en dantesca grazas á actitude do equipo de goberno municipal e o seu non-alcalde José Oreiro.

Na praia de Mar de Lira, durante o ano enteiro de vixencia da súa bandeira azul, a insignia non chegou sequera a pendurarse no mastro habilitado durante a anterior lexislatura a tal efecto. A causa desta situación inaudita foi que para facerse efectivo o distintivo a praia debía estar vixiada por un socorrista cualificado.

Sobra dicir que non foi esa a aptitude "máis valorada" por este goberno, pois rexeitaron a principios do verán de 2007 a única candidata capacitada para salvar vidas que se ofrecera e contrataron a unha persoa non preparada. Logo, cando descubriron que sen socorrista cualificado non podían pendurar a bandeira, membros do goberno andiveron peregrinando polos concellos da redonda na procura de alguén, mais nese momento xa todos os socorristas estaban ocupados, co que se chegou ao avergonzante final coñecido por todos: O verán pasou e os usuarios da praia de Mar de Lira non chegaron nin a vislumbrar a bandeira azul que se dera conseguido cos esforzos de todos.

Ademais, se o ano pasado había boas posibilidades de acadar dúas bandeiras azuis máis (a de Boca do Río e a de San Pedro no Pindo) este ano non temos constancia nin de que chegaran a solicitalas.

Iso si, o goberno municipal anunciou na prensa que renunciaba a destinar os fondos do Plan de Cooperación para a contratación de socorristas, pois contrataría 5 socorristas a cargo do concello para controlar 3 praias e así poder destinar os fondos do dito Plano a outros servizos. Só unha semana despois, outro medio de comunicación alertou de que nos 42 quilómetros de costa de Carnota só unha praia está vixiada.

Parece acaído calificar de comedia a este novo episodio de idas e vindas deste goberno municipal, de non ser porque nesta ocasión estase a poñer en risco as vidas de miles de persoas que cada día do verán conflúen nos nosos -por outra parte- marabillosos areeiros. Este goberno, unha vez máis, di facer, mais á hora da verdade só se acaba por traducilo na perda doutro servizo, e en pouco máis dun ano xa nos costa levar a conta dos que eliminaron.

Comentarios

  1. Queremos facer un chamamento a todos os veciños e visitantes para que nos comuniquen nos comentarios desta nova ou ben a través do noso correo electrónico (carnota[arroba]bng-galiza[punto]org) calquera variación a respecto da información que referimos neste artigo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Había que facer unha porra das cousas que o PP vai conseguir facer ben nos 3 anos que lle quedan no goberno: ¿¿¿CERO, MEDIA OU UNHA???
    ¡¡¡¡Fagan as súas apostas damas e cabaleiros, vai estar reñido!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Estes crápulas andan máis preocupados da banderita da selección española que de xestionar o municipio, por eso non lles importa perder outro tipo de bandeiras, ainda que sea a azul que polo menos vale para algo.

    ResponderEliminar
  4. Para que iban conseguir a bandeira azul se total non teñen cartos para pagala? O mesmo podemos decir dos socorristas, se a Diputación lle ofrece cartos para contratalos pois empléanse para outros tejemanejes que eles consideren oportunos, como andar poñendolle cuartos de baño sin agua a algunha iglesia por ahi, ahi si que están ben empleados os cartos de todos e non en galescolas e chorradas asi que non lle interesan a ninguén.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...