Para o BNG de Carnota, esta situación evidencia unha preocupante falta de peso político do Concello diante da Xunta. Non abonda con saír nas fotos nin con anunciar xestións se despois Carnota queda fóra dos investimentos reais.
O noso concello ten necesidades evidentes en materia de servizos, turismo, mellora de espazos públicos, mobilidade, patrimonio, medio ambiente e actividade económica. Por iso resulta inaceptábel que Carnota non reciba nin un euro nun reparto destas características.
Desde o BNG reclamamos unha defensa firme dos intereses de Carnota diante de todas as administracións. O Concello debe actuar con iniciativa, presentar proxectos solventes, facer seguimento das convocatorias e esixir un trato xusto para a veciñanza.
Carnota non pode quedar á marxe dos investimentos mentres outros concellos reciben fondos. O futuro do noso concello require planificación, capacidade de xestión e unha defensa clara dos recursos públicos que nos corresponden.

Comentarios
Publicar un comentario