O primeiro pleno de investidura arroxa como novo alcalde de Carnota a Ramón Noceda Caamaño, que continuará sendo o rexedor municipal mais esta vez con maioría absoluta, á luz dos resultados obtidos polo BNG de Carnota nas Eleccións Municipais do pasado 24 de maio que arrouxou 6 concelleiros nacionalistas, por 3 do PP e 2 do PSOE.
No grupo municipal do BNG produciuse unha renovación case total, pois da corporación anterior só repiten Moncho Noceda e Iván Franco, mentras que se incorporaron as caras novas de Belén Campos, Jorge Fiuza, Marupe Armendáriz e Iago Maceiras, todos edís por primeira vez.
Despois dunha cadea de dimisións na 1ª forza da oposición que levou a que en vez dos presentados fosen elixidos pola lista do PP o
nº 3, a nº 4 e o nº 7 da lista, estes non presentaron candidatura a ocupar a alcaldía de Carnota, como tampouco o fixeron os dous candidatos elixidos polo PSOE. Porén, ambas forzas opuxéronse á toma de posesión como alcalde de Moncho Noceda, candidato da forza respaldada pola maioría absoluta da veciñanza de Carnota que usou o seu discurso de investidura para lembrar brevemente que representa a unha forza que gobernará por e para toda a veciñanza de Carnota.
O Pleno, que contou cunha importantísima asistencia veciñal, desenvolveuse sen incidencias.

Comentarios
Publicar un comentario