Saltar ao contido principal

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario

O BNG de Carnota denuncia o progresivo desmantelamento do servizo sanitario no municipio, logo da decisión da Xunta de Galiza de eliminar as consultas médicas que viñan desenvolvéndose os sábados pola mañá no centro de saúde de Carnota.

Primitivo Pedrosa lembra que esta nova perda de servizos súmase á ausencia de pediatra, unha situación que leva arredor de dous anos obrigando as familias de Carnota a desprazarse até Muros para que as súas crianzas poidan ser atendidas por unha especialista.

A decisión da Consellaría de Sanidade de deixar sen servizo o centro médico os sábados pola mañá enmárcase nos cambios decididos polo Goberno galego para os Puntos de Atención Continuada, PAC, definidos nun “decretazo” que agrava a situación do sistema sanitario público.

Estas medidas implican cambios nos horarios de atención e o peche de centros de saúde que até o de agora abrían os sábados. No caso de Carnota, isto obrigará a moitas persoas usuarias a desprazarse a outros puntos asistenciais máis afastados dos seus domicilios, como o PAC de Muros.

“O Partido Popular recorta cada día máis os servizos públicos, como os da sanidade en Carnota; énchese a boca de dicir que apoian ao rural, pero a este paso imos quedar catro neste pobo, porque a xente marcha para onde hai servizos”, denunciou Primitivo Pedrosa.

O representante do BNG tamén criticou que o Concello non informase a veciñanza dos cambios na xestión sanitaria realizados polo Goberno galego. “É incomprensíbel que o goberno municipal non se preocupe por un servizo tan importante para os veciños e veciñas de Carnota”, insistiu.

Desde o BNG reclamamos á Xunta de Galiza que reverta estes recortes, recupere a atención sanitaria dos sábados pola mañá e restabeleza a pediatría no centro de saúde. Defender o rural é garantir servizos públicos, non obrigar a veciñanza a desprazarse cada vez máis lonxe para recibir atención básica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón