Logo de facer a primeira das Asembleas Veciñais en Lariño e debido as novas circunstancias polo avance da pandemia, dende aquí queremos comunicar que as vindeiras asembleas programadas quedan en suspenso ata que mellore a situación, de tódolos xeitos estamos abertos a recoller propostas para incorporar ó plan de obras municipais e podedes poñervos en contacto tanto co responsable local Jorge Fiuza, coma con calqueira dxs integrantes do grupo municipal Belén Campos, Manolo Souto e Pilar Tubío. Coidádevos.
Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...
Comentarios
Publicar un comentario