Saltar ao contido principal

Asemblea veciñal en Lariño

 

ASEMBLEA VECIÑAL EN LARIÑO

 

Comprometidos como sempre na participación veciñal, onte en Lariño retomamos as asembleas coa veciñanza de Carnota, por suposto tomando todas as medidas de seguridade necesarias motivadas pola actual situación de pandemia que estamos a vivir. Imos realizar unha serie de xuntanzas en cada lugar do Concello, para recoller as inquedanzas dxs veciñxs, as distintas necesidades en obras e servizos para posteriormente prantexar ao goberno municipal e que se teñan en conta a súa inclusión nos distintos plans de obras  municipais.

No caso de Lariño había unha preocupación evidente pola situación do proxecto de Mellora Medioambiental no entorno do Faro de Lariño, en concreto no campo de fútbol. A portavoz municipal Belén Campos, o concelleiro Manolo Souto, a concelleira Pilar Tubío, e o responsable local do BNG de Carnota Jorge Fiuza, deron conta de toda a información  e da actual situación do proxecto aprobado no ano 2018 por tódolos grupos que formaban a corporación municipal (BNG, PP e PSOE) e paralizado coa entrada do novo goberno do PSOE. 

Dito proxecto pretendía ser modificado e recortado sustancialmente polo actual goberno municipal  do PSOE mediante a presentación dunha proposta que non foi aprobada polo pleno celebrado o pasado día 1 de Outubro, xa que se consideraba que non había motivos suficientes para privarlle ao pobo de Lariño do proxecto orixinal moito mais completo e que ademáis fora refrendado polxs veciñxs e pola unanimidade da anterior corporación.

Unha vez exposto o tema abriuse un turno de intervencións onde se poido apreciar o sentir maioritario da veciñanza presente, de que se execute o proxecto aprobado, xa en dúas ocasións polo Pleno da Corporación Municipal á maior brevidade posible, preocupándose incluso polos prazos de execución e comprometéndose o grupo municipal do BNG a facer un estreito seguimento para que se cumpra sin demora cos acordos plenarios.

Tamén se recolleron as necesidades prantexadas polxs veciñxs sobre unha serie de obras menores, pero a gran preocupación está no problema do saneamento. Por parte do anterior alcalde Moncho Noceda, douse conta das xestións realizadas na anterior lexislatura, coa participación nalgunha das xuntanzas con representantes da asociación veciñal, e da situación do proxecto eleborado por Augas de Galicia que argumenta problemas orzamentarios para poder acometer ditas obras. Compre lembrar que as competencias en temas de saneamento son da Xunta de Galicia. O BNG  de Carnota trasladará aos diputados do BNG no parlamento de Galiza este tema para facer a pertinente interpelación parlamentaria ao Goberno da Xunta.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...