Saltar ao contido principal

Charlas do BNG contra a crise na Costa da Morte


Desde o BNG de Carnota convidámoste a coñecer o punto de vista no nacionalismo galego sobre a crise económica e a nosa alternativa para afrontala con garantes e sen prexuízos para o emprego ou os servizos públicos, asistindo á serie de charlas co título "Propostas do BNG para saír da Crise" que vai desenvolver o BNG na nosa comarca coa seguinte programación:

FISTERRA
Venres 7 de maio ás 20:30 h. no restaurante Fin do Camiño
Coa intervención de Carlos Aymerich, portavoz parlamentario do BNG

CAMARIÑAS
Sábado 8 de maio ás 12:00 h. na Casa da pedra
Coas intervencións de Bieito Lobeira, deputado e responsábel de pesca do BNG, e Xabier Aboi, secretario xeral de CIG-Mar

Aló esperamos verte.

Comentarios

  1. CONCELLO DE OUTES REGALA 20,220 EUROS A UNA ASOCIACION CIVIL DE BUENOS AIRES, ARGENTINA.

    En las eleciones municipales del 27 de Mayo de 2007 se descubrio que el 7 de Agosto de 2006, el Concello de Outes hizo una subvension de 20,220 euros a una " Asociacion Civil de Buenos Aires, Argentina " y parece que no es la primera vez que el alcalde CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO (PP) hace estas subvensiones a esta "Asociacion Civil" con el dinero del Concello.

    Durante un debate electoral en TV-Barbanza el alcalde CARLOS ENRIQUE LOPEZ CRESPO se puso muy nervioso cuando le tocaron en el tema que vivia en Outes pero estava "Invertiendo" fuera del Concello".

    Como el Alcalde destina una cantidad de 20,220 euros del Concello de Outes para otro pais- Argentina? Esto no tiene explicacion....y menos explicacion tiene el BNG-Outes no hacer nada con esto....

    Esto se habria de investigar....

    Para ver la noticia en mas detalle ir a http://webvella.bng-galiza.org/galeuscat pulse ligazons, pulse outes [+] , pulse outros

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...