Hoxe ás 20:00 horas celebrarase unha sesión plenaria ordinaria no Salón de Plenos da Casa do Concello de Carnota, coa seguinte orde do día:
Como podedes imaxinar, o pleno vai ser moi movidiño, polo que rogamos encarecidamente a maior asistencia veciñal posíbel.
- Aprobación da acta anterior (13/09/07)
- Lectura das resolucións da alcaldía.
- Aprobación inicial da Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmóbeis (IBI).
- Ratificación da resolución da alcaldía do 19/09/07 para unha operación de tesourería.
- Solicitude dun "Punto de Información Cadastral".
- Aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo da rede de saneamento municipal.
- Solicitude do 24-04-07 de subvención para a redacción do PXOM.
- Lectura da resolución da alcaldía do 01/09/07 sobre a adxudicación dun contrato para o asesoramento e asistencia xurídica do Concello.
- Nomeamento dos representantes do Concello en Carnotavento.
- Rogos e preguntas.
Como podedes imaxinar, o pleno vai ser moi movidiño, polo que rogamos encarecidamente a maior asistencia veciñal posíbel.
Comentarios
Publicar un comentario