Saltar ao contido principal

Compromiso coa mocidade: Carnota inaugura hoxe a súa Casa da Xuventude e local de ensaio


O compsromiso adquirido polo BNG coa mocidade do noso municipio na pasada campaña electoral xa é por fin unha realidade: esta noite inaugúrase en Lamas de Castelo (Pedrafigueira) a Casa da Xuventude de Carnota, unhas novas instalacións destinadas ao uso e goce da mocidade do noso concello, e que contará, entre as súas instalacións destacadas, un local de ensaio a dispor dos grupos e artistas musicais do noso municipio, e do que pronto se presentará o regulamento de uso.

Cartel do acto inaugural. Fonte
Para este proxecto o Concello de Carnota acondicionou un local municipal en desuso sito en Lamas de Castelo. Despois de varios meses de traballos, que contaron coa axuda da Deputación da Coruña, por fin esta noite, 24 de marzo terá lugar a inauguración das instalacións por todo o alto, para o que se contou coa colaboración imprescindible da Asociación Gremio de Músicos de Carnota. A cita arrinca ás 20:00h cunha churrascada, tras o que se desenvolverá unha charla sobre as as actividades da asociación e o funcionamento do novo local de ensaio. Logo, por suposto, haberá sitio para a música en vivo coas actuacións de Carlos Arcay, presentando o seu novo traballo Genesis, e a banda local URD, presentando Liitus. Tamén está prevista a colaboración da escola de música municipal e mesmo unha jam session aberta a quen queira subir a tocar.

O BNG de Carnota congratúlase ante este novo servizo público que o Concello prestará desde hoxe á súa mocidade, agardando que sexa do seu gusto, e comprometémonos a seguir mellorando a oferta dirixida á veciñanza máis moza, pois nela reside o futuro do noso Concello.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...

Carnota -e Galiza- existe no Congreso grazas ao BNG

O BNG de Carnota pon en valor que Carnota apareza no Congreso dos Deputados grazas ao traballo institucional do Bloque Nacionalista Galego. A publicación parte dunha análise de Newtral sobre as preguntas rexistradas no Congreso , na que se recollen máis de 40.000 preguntas ao Goberno durante a lexislatura. Nese mapa de actividade parlamentar, Carnota aparece como un dos concellos polos que houbo iniciativa institucional, e de feito, as 5 veces que se mencionou no Congreso foi por boca de  Néstor Rego , único deputado do BNG. Lembramos que Galiza conta, cando menos na teoría, con 23 representantes na cámara baixa do estado español. Para o BNG de Carnota, isto demostra unha cuestión clara: se está o BNG Galiza está, e cando Galiza conta con voz propia nas institucións do Estado, tamén os concellos pequenos podemos aparecer na axenda política. Carnota non pode depender de que outros falen por nós nin de que as grandes forzas estatais lembren os problemas do noso pobo só cando lles c...

A Moa nº 38: Eleccións Municipais 2023

O BNG de Carnota lanza o seu mítico voceiro local A Moa , revista decana da comunicación política en Carnota que suma a 38ª edición en máis de 27 anos de traxectoria. Este número evidentemente céntrase na próxima cita coas Eleccións Municipais, cuxa campaña electoral comeza esta noite. Contidos: A experiencia ao servizo da veciñanza A nosa candidatura Lembras cando en Carnota...? O noso programa Sabías que... 40 anos da chegada do BNG á alcaldía de Carnota Entrevista ao candidato 4 anos na oposición Entrevista a Ana Pontón