Saltar ao contido principal

INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 28 DE XANEIRO 2021 E APROBACIÓN POS 2021




INFORMACIÓN ÚLTIMO PLENO 28 DE XANEIRO 2021 E APROBACIÓN POS 2021

Onte tivemos pleno ordinario no noso concello a continuación imos facer un resumo dos puntos da orde do día e da proposta do BNG para modificar o POS 2021 que nos presentou o alcalde.

. Como xa sabedes e ante a falta dunha reunión dos portavoces dos grupos da corporación para consensuar as obras deste POS  presentamos unha serie de propostas. Despois da nosa publicación o alcalde chamounos para explicar as súas propostas, non para chegar a un acordo.

. Con antelación ao pleno presentamos unha proposición para ser debatida e votada. O apoio do BNG, como así o explicamos no pleno, estaba condicionado á aceptación da nosa proposta de incluír o proxecto “aparcadoiro de autocaravanas en Lariño” na achega provincial e non no Plan Complementario. O alcalde comprometérase por escrito a incluílo no POS 2021 e non no complementario.

A proposta do alcalde, era destinar a cantidade de 102.192,85€ a gastos correntes (para iso xa están os ingresos correntes nos orzamentos). A nosa proposta foi rebaixar os gastos correntes a 31.478,37€ e así poder incluír o proxecto de Lariño na achega provincial (70.714,48€). O resto das obras quedan como estaban polo que a nosa proposta non modifica substancialmente a presentada polo alcalde.

A proposta do BNG sae adiante e aprobase o POS 2021 cos votos a favor dos 3 concelleirxs do BNG e os 3 concelleiros do PP, abstención de 4 concelleirxs do PSOE e voto en contra dunha concelleira do PSOE.

Estas son as obras aprobadas no POS 2021:

. Saneamento e pavimentación na Tara-Lira (68.345,58€).

. Mellora de saneamento na Fontevella-Caldebarcos (83.000,14€).

. Aparcadoiro de autocaravanas en Lariño (70.714,48€).

. Gastos correntes (31.478,37€).

Obras aprobadas do plan complementario:

. Saneamento e pavimentación en Estañeiras (66.303,80€).

. Rueiro interior no Pindo (94.222,49€).

        Aprobación por unanimidade do POS+Adicional para gastos sociais extraordinarios.

        Por unanimidade tamén se ratificou o proxecto refundido “Mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño”.

        Ratificouse o acordo do convenio entre a Xunta e o concello para a tramitación de denuncias Covid coa abstención do BNG que consideramos que a Xunta vai endosar, unha vez máis, aos Concellos funcións que non lle son propias.

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Toma a palabra!

Esta páxina está pechada por cuestións técnicas e alleas á vontade do BNG, e consérvase para a súa consulta. O BNG de Carnota habilita este espazo para que poidas expresarnos libremente as túas queixas, dúbidas, suxerencias... Para facilitar a resolución da cuestión que nos plantexes será de moita utilidade que a redacción sexa clara e concisa. Se a túa mensaxe se dirixe a algún membro do noso grupo municipal síntete libre de plantexalo dese xeito no teu texto e faráselle chegar coa maior brevidade posíbel. Tamén dispós da opción de escribirnos un correo electrónico a carnota(arroba)bng-galiza.org. Agradeceríamos o ton constructivo das mensaxes, e que os debates, de estabelecérense, se desenvolvan co debido respecto mutuo a todas as posicións. Por outra parte lembrar que, como vén sendo habitual no espazo para comentar os artigos desta páxina, eliminaremos os comentarios inxuriosos dedicados a atacar a vida personal das persoas que participan na vida política de Carnota. Desex...

Acordo da Asemblea local do BNG de Carnota de 28/05/11

Dando cumprimento ao acordado polo conxunto da Asemblea Local do BNG de Carnota o pasado sábado 28 de maio, difundimos para o coñecemento de toda a veciñanza o documento que recolle a postura do BNG de Carnota a respecto do actual panorama político post-electoral no noso concello, despois de telo posto en coñecemento dos responsábeis do PSOE no día de onte. ACORDO DA ASEMBLEA LOCAL DO BNG DE CARNOTA Reunido o conxunto da militancia do BNG de Carnota en Asemblea Local, organismo convocado en tempo e forma e plenamente lexitimado para adoptar o seguinte acordo, pola unanimidade dos asistentes acordamos: Nas Eleccións Municipais do 22 de maio de 2011 o pobo de Carnota decantouse clara e maioritariamente por un cambio de goberno no Concello de Carnota. Os candidatos á alcaldía do BNG e do PSOE manifestaron en público e en privado o compromiso de, no caso de non se producir unha maioría absoluta, outorgar o seu voto na sesión de investidura aos candidatos da lista que, entre elas, obti...

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior; en conxunto, os soldos políticos descenden un 82%

Evolución dos salarios de carácter político en Carnota entre os anos 2007 e 2011 Só unha semana despois de acceder ao goberno municipal de Carnota o BNG puido cumprir cunha das propostas clave  do seu programa e tamén dar cumprimento a unha das súas principais reivindicacións durante catro anos liderando a oposición carnotá: a redución drástica dos gastos de carácter político, que co PP só no 2010 ascenderon a case 190.000 euros  incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política. Xa na presentación da candidatura asi como no seu programa electoral o BNG de Carnota anunciou que, no caso de obter o suficiente respaldo veciñal o 22 de maio, outorgaría unha única dedicación exclusiva, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos . Dito e feito: No pleno desta fin de semana, no que se trataron as dedicacións e o reparto das áreas de traballo, a corporación municipal aprobou (coa abstención do PP)...